|
|
| Traducción e adaptación dunha páxina da Universidade Politécnica de California. http://geology.csupomona.edu/alert/igneous/igneousid.htm
|
|
INSTRUCCIÓNS
|
| INFORMACIÓN XERAL ROCHÁS ÍGNEAS |
|
Neste primeiro paso te tes que fixar na textura da rocha, que se refire ós aspectos xeométricos dos compoñentes que a forman: tamaño, forma, orientación, etc. |
|
|
TEXTURAS FANERÍTICAS. Son aquelas nas que os compoñentes da rocha (minerais) son o bastante grandes para poderen ser identificados a simple vista. A máis frecuente é a textura grauda na que os cristais dos distintos minerais se aprecian como grans visibles. |
|
|
TEXTURAS AFANÍTICAS. Non se poden identificar a simple vista os compoñentes ben porque os cistais son moi pequenos (microcristais) ou pola presencia de materia amorfa. Exemplos son as texturas microcristalina e porfídica. |
|
|
TEXTURA VÍTREA Non contén minerais xa que está formada case toda por materia amorfa (vidro) o que lle da un aspecto similar ó vidro das fiestras e botellas. Con frecuencia presenta fractura concoidea |
|
|
TEXTURA VACUOLAR Non se aprecian minerais. Conten moitas cavidades o que fai que a rocha sexa lixeira. |
|