|
O PROGRAMA CHIME PARA A VISUALIZACIÓN DE MODELOS MOLECULARES |
|
Cando abres o programa aparece unha pantalla como a da figura. Como ves ten duas ventás: na da esquerda aparece o modelo e na da dereita un texto. Facendo click nos cadrados da venta de texto cambia o modelo que aparece na outra.
|
|
OPERACIÓNS BÁSICAS Mover o modelo: situate co rato na ventá do modelo, preme o botón esquerdo e arrastrao. O modelo cambia de posición. Cambiar o tamaño do modelo: pulsa ó mesmo tempo a tecla miúsculas e o boton esquerdo, arrastra o rato adiante e atrás. MENUS CONTEXTUALES Situate na ventá do modelo e preme o botón dereito. Aparece un menú contextual como o da imaxe: |
|
|
|
Nel tes diversas opcións como a de gardar e modificar o arquivo. É especialmente interesante a posibilidade de cambiar o tipo de modelo (opción display), velahí algunhas posibilidades: Wireframe/Sticks (variñas): os enlaces se representan como variñas e os átomos aparecen nos vértices cun código de cores. Ball&sick (bolas e variñas): os átomos aparecen como esferas e os enlaces como variñas Spacefill (espacial compacto): os átomos se representan como esferas unidas directamente unhas ás outras. Ë o máis realista pero tamén o máis dificil de ver. Ribbons (cintas): o esquelete da molécula se representa como unha cinta doblada. É moi axeitado para ver a estructura sedundaria das proteínas. |