AS REPRESENTACIÓNS DAS BIOMOLÉCULAS

As biomoléculas orgánicas, especialmente as macromoléculas, poden chegar a ser estructuras moi complexas que conteñen miles de átomos dispostos no espacio de xeito que non sempre é doado de visualizar.

Para entendelas mellor recurrrimos a distintos tipos de representacións, velahí algunhas delas:

PROXECCIÓNS

 

Son métodos para representar estructuras tridimensionais nun plano (folla de papel ou pizarra) mediante unha serie de normas e símbolos. Son moi utilizadas para pequenas biomoléculas como os aminoácidos ou os monosacáridos. 
É o caso das proxeccións de Fisher ou de Haworth que utilizache na clase.

MODELOS TRIDIMENSIONAIS

 

Son como "maquetas" das moléclulas nas que os átomos e os enlaces se representan como bolas, variñas, figuras xeométricas etc. É a mellor maneira de visualizar unha molécula xa que se pode mirar dende calquera lado e incluso tocala. Son difíciles de construir e transportar e ademáis caras polo que so se adoitan utilizar en demostracións na clase, nas prácticas ou para seren expostas.

Utilizando modelos deste tipo Watson e Crick descubriron a estructura da doble hélice do ADN no ano 1953. 

Se queres construir un modelo da doble hélice do ADN en papel similar ó que aparece no debuxo da dereita segue as ligazóns que aparecen a continuación:

Descarga das instruccións

Descarga das plantiñas

 

 

         MODELOS XENERADOS POR ORDENADOR        

Cada vez máis utilizados. Son imáxenes que se construen utilizando distintos programas e das que hai moitas variantes. Nos imos a utilizar arquivos en formato pdb que se poden visualizar co programa Chime. Se non o tes  podelo descargar facendo click no nome que tes arriba e despois o instalas no teu ordenador.

Este tipo de modelos nos permite ver as moléculas desde distintos ángulos e en distintos estilos o que nos da unha idea bastante aproximada da súa forma real.

A continuación tes unha serie de ligazóns onde poderás encontrar modelos deste tipo. Se te queres familiarizar previamente co manexo do Chime fai click aqui e veras unhas sinxelas instruccións de como funciona.

 LIGAZÓNS A SITIOS CON MODELOS MOLECULARES

Bioquímica estructural para Enseñanza Secundaria 

Moi recomendable para empezar. Ben adaptado ó nivel do bacharelato.

Modelos moleculares (Universidade de Salamanca)

Nivel universitario. Conten alguns molelos moi espectaculares como un nucleosoma ou unha subunidade ribosómica.

SITIOS DE LA WEB RELACIONADOS CON EL ESTUDIO DE BIOMOLÉCULAS

Páxina na que aparecen moitas ligazóns a outros sitios con modelos chime.

Excelente páxina que conten moita información sobre o tema incluso de como fabricar os teus propios modelos utilizando o programa.