GRANITO

O granito é unha rocha plutónica, félsica, de textura graúda e na que os minerais predominantes son o cuarzo, feldespatos e as micas.

Segun o tipo de feldespatos que predominen distinguimos os granitos propiamente ditos (predominan os feldespatos potásicos) e as granodioritas (predominan as plaxioclasas). A fotografía inferior é dunha lámina fina de granito onde podes apreciar a textura graúda e minerais como o cuarzo (o cristal blanco homoxéneo da parte baixa) e os feldespatos potásicos (os cristais cuadriculados)

Os granitos se orixinan nos oróxenos pericontinentais e nos intracontinentais, cando os magmas arrefrían en cámaras magmáticas situadas en produndidade. Cando o oroxeno se erosiona o granito aparece na superficie, xeralmente como masas circulares chamadas batolitos.

MÁIS INFORMACIÓN

 

En Galicia o granito é a rocha máis abundante pois aflora no 40 % da súa superficie. Como podes ver no mapa adxunto (cor morado) é especialmente abondoso no Sur e Oeste, facéndose máis escaso cara o Norleste.

É unha rocha moi apreciada como material de construcción e nas zonas graníticas as constuccións tradicionais están feitas con él como no caso de Combarro. Pola contra en zonas situadas máis cara o Leste, onde predominan as rochas metamórficas, son éstas as máis utilizadas, por exemplo en Seceda do Courel

O granito admite ben o pulido o que o fai moi útil como pedra ornamental, por exemplo o rosa Porriño que se extrae nas canteiras desa vila próxima a Redondela.

En Redondela existen importantes zonas graníticas e cerca do Instituto temos unha antiga canteira onde se extraía. Na seguinte ligazón podes consultar o

mapa xeolóxico de Redondela

 

NOVA ROCHA