|
OBSIDIANA |
|
![]() |
|
| Rocha de textura
vitrea e fractura concoidea. A pesar de ter un alto contido en sílice
adoita presentar cores escuras (negra, marrón). Existe unha variedade
(obsidiana nevada) que presenta manchas brancas que son cristais de
cristobalita (un polimorfo do cuarzo de alta temperatura). Trátase dunha rocha volcánica que se forma polo rápido enfriamento de lavas moi ricas en sílice xusto ó sair dos volcáns. |
|
|
Ó romper deixa esquinas moi vivas e cortantes polo que foi utilizada para facer instrumentos de corte (puntas de flecha, coitelos etc.) por aqueles pobos que tiñan acceso a ela. Hoxe en día se constrúen con ela escalpelos para ciruxía delicada como a ocular ou cardiaca, xa que os cortes son máis limpos e cicatrizan máis rápido. |
![]() |
| Máis información | |