SÍNTESE DE ALMIDÓN "In vitro"

 
 
INTRODUCCIÓN E OBXECTIVOS

Nesta práctica imos reproducir no laboratoiro e en ausencia de células ("in vitro") unha reacción que normalmente acontece no interior dos organismos ("in vivo"). Para elo utilizaremos un extracto libre de células que contén o enzima necesario para a catálise da reacción ó que lle engadiremos o sustrato axeitado.

 

Eduard Buchner (1860-1917) foi pioneiro nesta técnica conseguindo reproducir a fermentación alcoholica para o que utilizou un extracto de levaduras.

Preme na foto para obter máis información sobre este científico.

METODOLOXÍA
Obtención do enzima

Utilizaremos un extracto de pataca que conten o enzima almidón fosforilasa. Para obtelo  trituramos uns anacos de pataca nun pouco de auga e centrifugamos o líquido obtido. No sobrenadante está o enzima que nos interesa.

Na imaxe da dereita (preme nela para ver unha versión ampliada) tes un esquema do proceso de extracción do enzima.

Ensaio do enzima

Retiramos o sobrenadante e o repartimos en dous tubos de ensaio rotulados G e G-1-P. Ó primeiro deles lle engadimos unha disolución de glucosa  e o segundo unha de glucosa-1-P. Tomamos mostras a intervalos regulares de tempo e lle facemos a proba do lugol nunha placa de fondo branco.
   
RESULTADOS
Na foto aparecen os resultados da proba do lugol feita con mostras dos dous tubos tomadas a intervalos de tempo regulares
 

 
DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS
A síntese das grandes macromoléculas é un proceso endergónico, polo que precisa dun aporte de enerxía. Neste caso se utiliza a enerxía liberada na hidrólese da glucosa-1-P (DGo = -5 kcal/mol). A reacción global é o seguinte equilibrio:

 

Como podes ver polos resultados o sustrato axeitado para o enzima é a glucosa-1-P da que tes a fórmula na figura da esquerda. Se premes nela se abre un arquivo en formato pdb que conten un modelo interactivo desta molécula que podes ver co programa Chime. Se non o tes no teu ordenador o podes descargar e instalar facendo premendo na figura que está enriba da fórmula. Se non estás familiarizado co manexo do programa podes obter unhas ideas básicas premendo aquí.

A CLUCÓXENO FOSFORILASA

A glucóxeno fosforilasa é un enzima moi similar á anterior pero que está presente nas células animais. Cataliza unha reacción moi semellante so que en troques do almidón utiliza o glucóxeno, polisacárido de orixe animal.

A glucóxeno fosforilasa é un enzima homodimérico, é dicir está formado por duas cadeas polipeptídicas iguais de 842 aa cada unha. Na imaxe inferior tes un esquema da súa estructura e se premes nel se abre un arquivo en formato pdb que podes ver co programa Chime (so se mostra un dos protómeros). As siglas PLP se refiren ó fosfato de piridoxal, un derivado da vitamina B6 que actúa como un coenzima (neste caso un grupo prostético xa que está unido covalentemente ó enzima).

 
En condicións intracelulares ("in vivo") o equilibrio está moi desplazado á esquerda, é dicir, que este enzima cataliza a rotura do glucóxeno (glucoxenolise) en lugar da súa síntese debido a que o sistema amortecedor do pH no interior das células é o tampón fosfato. Segue estas ligazóns para obter máis información:

Sistemas amortecedores do pH nos seres vivos

O equilibrio químico e o principio de Le Chatelier

O producto da reacción, a glucosa-1-fosfato, se pode incorporar á glucolise para a producción de enerxía ou ben pode ser transformada en glucosa que sae ó sangue para ser repartida a outras células que non dispoñen de glucóxeno suficiente.

 

A REGULACIÓN DA GLUCÓXENO FOSFORILASA

A glucosa é o combustible preferido polas células que almacenan en forma de glucóxeno, un polisacárido localizado en gránulos dentro do citosol (foto da dereita dun hepatocito TEM). A liberación de glucosa a partir do glucóxeno (glucoxenolise) é un proceso controlado de xeito moi preciso, para elo o enzima glucóxeno fosforilasa presenta mecanismos de regulación covalente e alostérica.

En concreto certas hormonas como o glucagón ou a epinefrina (adrenalina) activan este enzima a través dunha cascada de reaccións, mentras que outras como a insulina a inactivan. Se premes na imaxe poderás ver unha animación da cascada de reaccíón que desencadea a epinefrina para a activación covalente da glucóxeno fosforilasa.

MÁIS INFORMACIÓN

O Glucóxeno

Metabolismo do glucóxeno

 

GALERÍA DE FOTOS

As fotos foron tomadas durante a realización da práctica con alumnos de Bioloxía de 2º de Bacharelato do curso 2004-2005