Proxectos 3º da E.S.O.

Maquetas de centrales eléctricas

Central Fotovoltaica

A maqueta simula unha central fotovoltaica para obter enerxía eléctrica.
O panel fotovoltaico alimenta a un diodo LED, que se encende cando o panel recibe a luz do sol.

Central Térmica

A maqueta simula unha central térmica para obter enerxía eléctrica.
Ó xirar a manivela, a polea fai xirar ó motor a gran velocidade. O motor actúa como xerador alimentando a un diodo LED, que se encende cando o motor xira.

Central Hidroeléctrica

A maqueta simula unha central hidroeléctrica para obter enerxía eléctrica.
A auga acumúlase na botella que fai as veces de presa. A auga o caer fai xirar á turbina que gracias á polea e á goma transmite o movemento ó motor. O motor actúa como xerador alimentando a un diodo LED, que se encende cando o motor xira.