FUNCIONAMENTO WEB


Esta web está adaptada aos contidos da materia de Economía de 1º de Bacharelato.


Páxina Inicial (Inicio)

A páxina Inicial conduce ás diferentes Unidades Didácticas a desenvolver, ademais da Programación do Curso e índices de Bibliografía proposta, Ligazóns, Webquests e Glosario. Tamén inclúe o apartado Imprimir Contidos para entregar ao alumnado para seguir a materia, así como Outras Utilidades onde posteriormente incluiranse recursos educativos propostos polos alumnos/as.


Unidades Didácticas

Cada Unidade Didáctica consta de 1 ou 2 unidades e presentan nas súas páxinas principais os seguintes apartados:

a) Cuestións Iniciais: para debater antes de empezar cada unidade.

b) Contidos propiamente ditos: desenvolvidos en diferentes epígrafes e con ligazóns a recursos online, como son:

Vídeos - - - - - - - - - - Presentacións en Power Point - - - - - - - - - - Exemplos - - - - - - - - - - Webquest

Actividades - - - - - - - - - - Saber máis

Os contidos básicos están en letra normal, mentres que outros formatos se corresponden con material de apoio ou para ampliar coñecementos.

c) Hemeroteca: con noticias publicadas en prensa relacionadas cos contidos de cada unidade. Neste caso propóñense unhas mostras pero coa intención da súa renovación continuada. Estes artigos están traducidos co Tradutor do Instituto Cervantes directamente.

d) Webquest: a desenvolver polo alumnado.

e) Glosario: conceptos básicos de cada unidade para así ir asimilando unha terminoloxía económica.

f) Bibliografía: diferentes libros propostos relacionados con cada unidade.

g) Actividades básicas: resumo das actividades básicas propostas por unidade.

h) Actividades avanzadas: outras actividades para ampliar coñecementos ou matizar os xa impartidos.

i) Programación: acceso aos apartados da programación relativos a cada Unidade Didáctica

 

Navegación

En cada unha das páxinas, ao cabo da mesma, hai uns botóns que conducen á páxina anterior, páxina principal da Unidade Didáctica e próxima páxina para ir seguindo unha orde secuencial na exposición de contidos.

Nas páxinas principais de cada unidade didáctica, os botóns de navegación conducen ás UD anterior e posterior, así como á páxina de inicio.

En cada páxina, cando accedemos a recursos online (vídeos, presentacións, etc.), para volver á web de Economía debemos utilizar os botóns do navegador “Regresar”, xa que se abren estes recursos na propia páxina do navegador e non nunha nova.

inicio