UNIDADE 1 - ACTIVIDADE ECONÓMICA E SISTEMAS ECONÓMICOS |
2 – O CUSTO DE OPORTUNIDADE. A FRONTEIRA DE POSIBILIDADES DE PRODUCIÓN
Ao ser os bens de que dispoñemos escasos e as necesidades a satisfacer ilimitadas debemos elixir continuamente.
Exemplo:
Supoñamos un estudante que dispón de 30 euros á semana para os seus gastos. En función das necesidades de cada individuo, o destino deste diñeiro será diferente. Se as alternativas que contempla son teléfono móbil, saír (ir ao cine, tomar algo), compra de roupa ou aforro para futuras compras; cando decide gastarse o diñeiro nunha delas, estará elixindo e implicitamente estará renunciando a outra/s.
Se decide gastarse todo o diñeiro no teléfono móbil, non terá diñeiro para ir ao cine, ou para aforrar; se decide aforrar todo o diñeiro, non poderá satisfacer as outras necesidades. O normal é que elixa a combinación coa que obteña a máxima satisfacción de todas as súas necesidades, pero nunca vai ser unha maximización total, deberá renunciar a algo xa que os recursos dos que dispón son limitados.
Cada vez que elixe en que gastar ou aforrar o diñeiro, está renunciando a outras posibilidades, a relación entre aquilo polo que opta e aquilo ao que renuncia se denomina custo de oportunidade. Se a dúbida está entre gastarme todo o diñeiro en teléfono móbil e saír, estaría renunciando ao aforro. É dicir, o custo de oportunidade de saír e do teléfono móbil sería que non podo aforrar. En termos económicos, o custo de oportunidade de saír e máis teléfono móbil é que perdo de aforrar 30 euros. Se decide aforrar 30 euros, o custo de oportunidade desta decisión, sería que debo renunciar a saír e ao teléfono móbil.
Cando os axentes económicos deciden en que gastar ou que producir están renunciando a outras posibilidades, a relación entre aquilo polo que optamos e aquilo ao que renunciamos denomínase custo de oportunidade.
Exemplo: Supoñamos un determinado municipio que basa a súa economía produtiva na explotación de produtos do mar, para iso dispón de 6000 traballadores e 2000 bateas. O problema consiste en decidir se se producen nestas bateas mexillón ou se se producen ostras. Despois dun estudo e, baseándose na experiencia de anos anteriores, chégase á conclusión de que se todos os os seus recursos se dedican á produción de mexillón a produción ascendería a 200.000 toneladas ao ano, e se se dedicasen integramente á produción de ostras, a produción sería de 200.000 toneladas ao ano.
Isto quere dicir que, se deciden producir unicamente mexillón, esta decisión tería un custo de oportunidade, que sería o de renunciar á produción de ostras. Pero poden decidir combinar a produción de mexillón e de ostras.
A fronteira de posibilidades de produción (FPP) é a representación gráfica das posibles combinacións de produción que pode obter unha economía utilizando os recursos que dispón.
Seguindo o exemplo anterior, supoñamos que as diferentes combinacións posibles sexan as seguintes:
|
Representamos a FPP e, posteriormente, os seguintes puntos: a) Poderíanse producir 200.000 quilos de mexillón e 50.000 de ostras? Por que? Representa este punto e chámalle A. |
1. Non se poderían producir 200.000 quilos de mexillóns e 50.000 quilos de ostras, xa que no municipio non hai suficientes recursos para poder acadar ese nivel de produción. Non habería suficientes bateas, necesitaría 2.500 bateas e non hai espazo físico para iso, ou se o houbese, pode ser que o problema fose que non tivesen suficientes recursos para investir en tantas bateas, ou a poboación non fose suficiente para atender a este nivel de produción. O punto A sería un punto imposible.
2. Sí poderíanse producir 100.000 quilos de mexillón e 50.000 de ostras, pero non estaría aproveitando toda a capacidade de produción do municipio, xa que cos mesmos recursos, se os aproveitase en termos de máxima eficiencia, podería producir máis cantidade de produto. Ou as bateas non están producindo todo o que poden, ou os traballadores non son produtivos, ou non están utilizando todos os recursos dos que dispoñen. O punto B sería un punto ineficiente.
3. Poderían producir 100.000 quilos de mexillóns e outro tanto de ostras, e ademais estarían facéndoo con efeciencia, xa que utilizan todos os factores produtivos (bateas e traballadores) e utilizando o mellor proceso produtivo existente no momento. O punto C sería un punto eficiente.
4. Para situarse neste nivel de produción, que no momento analizado non é posible, deberíanse incrementar os factores produtivos dispoñibles (máis bateas, máis traballadores) ou ben, a través da investigación, conseguir desenvolver métodos produtivos máis eficientes. É dicir, podería alcanzarse no futuro se conseguen aumentar as bateas, os traballadores ou a tecnoloxía.
CONCLUSIÓN (do exemplo):
Non deberíamos situarnos en ningún punto ineficiente, xa que cos mesmos recursos, poderíamos conseguir unha maior cantidade de produto.
Non podemos alcadar, polo momento, os puntos imposibles, pero debemos investigar e investir para poder chegar a conseguilo no futuro (desde que sexa rendible).
As diferentes posibilidades de produción deben estar ao longo da Fronteira de Posibilidades de Produción, xa que calquera delas supón a máxima utilización dos recursos produtivos de forma eficiente. O que teremos que decidir é en que punto nos situamos, e será aquel que proporcione máis beneficios ao municipio, ben sexan económicos, sociais, ou calquera outro que se considere prioritario para o conxunto dos ciudadáns do mesmo.
Os recursos son escasos, non dispoñemos de máis bateas para aumentar a produción por riba de 200.000 quilos.
O ser estes recursos escasos nos obríganpos a estar elixindo contínuamente, de aí que pon de manifesto os chamados custos de oportunidade.
Conclusións da análise da FPP: |