PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO

 

10 – MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Para o correcto desenvolvemento desta programación, é necesario dispoñer dos seguintes materiais e recursos didácticos:

- Web da materia: na páxina web do Instituto incluirase o desenvolvemento web dos contidos desta programación, para así traballalos na aula ou fora dela.

- Aula de informática: as clases impartiranse na aula de informática que debe estar dotada dos seguintes materiais e recursos didácticos:

  1. Ordenador do profesor: con conexión a Internet e as aplicacións necesarias para o desenvolvemento dos contidos.
  2. Cañón para proxectar os contidos a desenvolver ou ben unha pizarra dixital.
  3. Ordenadores do alumnado: con conexión a Internet e aplicacións necesarias para traballar os diferentes contidos propostos.

 

- Dirección de correo electrónico para o intercambio de información: o profesor facilitará ao alumnado unha dirección (en principio será a seguinte: economiajose@yahoo.es) e cada alumno/a deberá ter unha dirección que facilitará ao profesor ao principio do curso.

- Contidos impresos: entregarase ao alumnado ao principio de curso un dossier cos contidos a traballar durante o curso, este dossier será costeado polo propio alumnado. Este dossier será posible imprimilo tamén a través da web da materia.

- Pizarra ou encerado tradicional: para complementar a exposición dos contidos e a realización de exercicios.

- Biblioteca de centro: na que os alumnos poderán consultar as diferentes fontes de información citadas na Web da materia, así como a bibliografía proposta.

- Outros materiais e recursos didácticos: o alumnado necesitará outros materiais para seguir a materia como bolígrafos, rotuladores, folios, etc.

 

 

Anterior
Indice Programación
Seguinte