PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
9 – CRITERIOS E SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN
9.1 – Criterios e sistemas de cualificación por avaliacións
A cualificación de cada unha das avaliacións estará composta pola cualificación dos examenes teórico-prácticos (cun peso en xeral dun 90%) e outros criterios de avaliación/cualificación (cun peso en xeral dun 10%).
1ª Avaliación
a) Cualificación dos exámenes teórico-prácticos (90% da cualificación total):
Primeiro exame: composto polas UD 1 e 2 cun peso total dun 40% na cualificación dos exámenes teórico-práticos da 1ª avaliación.
Segundo exame: composto pola UD 3 e os glosarios das UD 1 e 2, cun peso total dun 60% na cualificación dos exámenes teórico-prácticos da 1ª avaliación.
b) Outros criterios de avaliación/cualificación (10% da cualificación total).
2ª Avaliación
a) Cualificación dos exámenes teórico-prácticos (90% da cualificación total):
Primeiro exame: composto polas UD 4 e 5 cun peso total dun 40% na cualificación dos exámenes teórico-práticos da 2ª avaliación.
Segundo exame: composto pola UD 6 e os glosarios das UD 4 e 5, cun peso total dun 60% na cualificación dos exámenes teórico-prácticos da 2ª avaliación.
b) Outros criterios de avaliación/cualificación (10% da cualificación total).
3ª Avaliación
a) Cualificación dos exámenes teórico-prácticos (80% da cualificación total):
Único exame: composto pola UD 7.
b) Outros criterios de avaliación/cualificación (20% da cualificación total).
Para superar cada unha das avaliacións é necesario obter unha media global dos exámenes teórico prácticos dun 5 ou máis así como conseguir unha cualificación global de exámenes teórico-prácticos e outros criterios igual ou superior a un 5.
Definición de “Outros criterios de avaliación/cualificación”:
En cada unha das avaliacións valorarase a actitude fronte á materia, comportamento, asistencia, utilización correcta dos materiais e recursos didácticos. Cando algún/ha alumno/a non obteña a máxima valoración neste apartado, poderá o profesor propoñer actividades para recuperalas dentro da avaliación, estas actividades serán comentarios de textos, análise de noticias económicas, traballos relacionados cos contidos impartidos, etc.
9.2 – Criterios e sistemas de cualificación final
De cara á avaliación final de Xuño, a cualificación estará composta por a media ponderada das cualificacións das tres avaliacións, co peso porcentual seguinte:
1ª Avaliación: 35%
2ª Avaliación: 35%
3ª Avaliación: 30%
Para poder facer media é necesario ter superadas cada unha das avaliacións cunha nota igual ou superior a un 5. En caso de non superar algunha delas, farase unha proba de recuperación dos contidos teórico-practicos por avaliación. Tamén serán recuperables os Outros criterios de Avaliación/Cualificación a través de actividades propostas relacionadas cos contidos das UD que compoñen a avaliación a recuperar.
9.3 – Criterios e sistemas de cualificación na proba de setembro
Aqueles alumnos/as que non superen a materia en xuño, poderán recuperala en setembro. Para isto realizarase unha proba na que demostren a adquisición dos contidos mínimos propostos e terán que entregar algunha actividade de análise proposta polo profesor, ben o comentario de algunha noticia de actualidade ou un traballo de investigación sobre un sector concreto ou problemática económica concreta.