PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
14 – TRATAMENTO DO FOMENTO DAS TIC
Un dos obxectivos principias da estrutura desta programación é a utilización das TIC para a consecución dos obxectivos marcados.
Os motivos principias desta orientación son os seguintes:
- A indicación do Decreto 126/2008 sobre a importancia da súa aplicación.
- O convencemento de que é a forma en que o alumnado pode dispoñer de máis ferramentas para a comprensión da realidade económica tanto durante o curso como no futuro.
- A introdución das TIC como factor motivador para o alumnado.
Cabe destacar a importancia que se da na aplicación práctica na aula desta programación aos recursos didácticos e metodolóxicos “tradicionais”, xa que a utilización das TIC non debe supoñer a perda do hábito de estudo, de escribir a mán e das explicacións do profesor, senon que debe fomentalas e apoialas.
Respecto á metodoloxía a empreñar en relación ás TIC, destacar os seguintes aspectos:
- O alumnado terá a súa disposición, vía Internet, os contidos Web da materia. Nesta Web da materia o alumnado terá acceso a:
- A programación xeral e a relativa a cada unha das Unidades Didácticas.
- Preguntas de exame propostas, así como os obxectivos que se pretenten coas mesmas.
- O desenvolvemento teórico-práctico dos contidos de cada Unidade Didáctica.
No desenvolvemento dos mesmos, e para a súa mellor comprensión inclúense numerosos enlaces a Videos, Presentacións en Power Point, Gráficos, Exercicios, Actividades de debate, de análise da realidade, de contraste de opinións, Apuntes Bibliográficos e Fontes de información.
Asi mesmo, aparecen enlaces para “saber máis” e así poder ampliar coñecementos.
- Noticias de Hemeroteca a consultar para comprender mellor os contidos.
- Un glosario por UD.
- Webquests asociadas a cada UD.
- Bibliografía por UD.
- Actividades básicas e avanzadas propostas.
- A materia será impartida seguindo os contidos Web e para o seu apoio, realización de exercicios e actividades, así como para o seu estudo e análise, facilitarase ao alumnado un dossier con todos os contidos básicos, a modo de libro de texto. Estos contidos tamén poderán ser impresos a través da Web da materia.
- O alumnado disporá dunha dirección de correo electrónico do profesor e eles deberán facilitar unha para poder intercambiar información.
- Está previsto que os propios alumnos/as elaboren contidos para colgar na Web, ben presentacións en Power Point, videos ou outros. Estes serán incorporados en función da marcha do curso.
5. Progresivamente iranse incorporando novos contidos na “Web da materia”, enlaces a noticias de actualidade, etc. Polo tanto, este é un proxecto vivo que iráse mellorando en función das necesidades do alumnado.
- Para poder impartir a materia nas condicións exportas, é necesario dispoñer dunha aula de informática cos materiais e recursos expostos no apartado 10 desta programación: Materiais e Recursos Didácticos.