PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
15 – MATERIAS PENDENTES
Os/as alumnos/as que non superen a materia e poidan examinarse da mesma como “materia pendente”, terán que realizar unha proba que demostre a adquisición dos contidos mínimos propostos nesta programación. Tamén deberán presentar determinadas actividades como comentarios de noticias de actualidade, ou un traballo de investigación proposto polo profesor.
Coa finalidade de facilitar a superación da materia poderase dividir a mesma en dúas partes a avaliar previsiblemente en decembro/xaneiro e marzo/abril. Datas que se comunicarán ao alumnado no momento en que se concreten as mesmas.