“As necesidades sanitarias dos países pobres topan cos xuros económicos das grandes compañías”

Panos Institute

 

O sector farmacéutico está dominado por unhas poucas compañías multinacionais radicadas no Norte e a maior parte dos seus beneficios tamén proceden dos países ricos. Segundo o informe "PATENTS, PILLS AND PUBLIC HEALTH (Patentes, pínulas e Saúde Pública)", elaborado polo Panos Institute de Londres, aínda que os países en desenvolvemento representan o 80 por cento da poboación do planeta, para as empresas do sector só supoñen o 21% das vendas.


LONDRES.– En xaneiro de 2001, Zackie Ahmat, activista sudafricano polos dereitos dos seropositivos do seu país, decidiu viaxar a Tailandia para comprar 5,000 pastillas dunha versión xenérica dun fármaco antifungino patentado polo xigante farmacéutico norteamericano Pfizer. A Ahmat, cada pastilla custoulle 21 centavos... Se comprase a versión patentada Suráfrica, o prezo fose de 13 dólares por cada pastilla. Ou o que é o mesmo, Ahmat comprou por 1.050 dólares medicamentos polos que en Suráfrica tivese que aboar, por obra e graza de pagamento de patentes, impostos e outras gabelas, ¡65.000 dólares!.
Certamente este é un caso extremo, pero permite presentar a tráfica realidade sanitaria que viven a maioría dos países en desenvolvemento, segundo o informe "Patentes, Pínulas e Saúde Pública" do Panos Institute de Londres.

A falta dunha política de protección a unha industria de produción de medicamentos propia creou unha perigosa dependencia dos xigantes farmacéuticos. E a aplicación do réxime de propiedade intelectual global, o chamado Acordo sobre a Propiedade Intelectual e Saúde Pública (tamén coñecido como TRIPS) terminou por poñer contra as cordas a xa precaria situación sanitaria no Sur.


A industria farmacéutica está presionando ao goberno de Estados Unidos para que non se poidan elaborar medicamentos xenéricos – máis baratos – por parte de países de rendas medias ou baixas que, pola súa vez, poderían ser exportados a países que, por agora, non están en condicións de desenvolvelos.


En efecto, os fármacos son un factor crítico no custo da asistencia sanitaria. E nos países máis pobres supoñen a maior proporción do gasto en sanidade. En África subsahariana, os administracións destinan o 74% dos seus gastos en sanidade a medicamentos, en América Latina e Caribe a cifra queda nun 25%, mentres que nos países desenvolvidos a porcentaxe redúcese ao 7,4%.


A cantidade, como revelou ao mundo enteiro Zackie Ahmat coa súa viaxe a Tailandia, non é porque compren máis senón porque compran moito máis caro o mesmo produto.


Un exemplo: para custearse o prezo do tratamento da tuberculose, un tanzano deberá traballar 500 horas, un traballador de Zimbabwe, 100, un tailandés, 20... E a un suízo abondaralle pouco menos de hora e media.

En calquera caso, alá onde os ingresos non chegan a superar o dólar por día, incluso os medicamentos de máis baixo prezo representan unha onerosa carga para o peto do doente. Se os Estados do Sur non compran ás grandes multinacionais farmacéuticas e os cidadáns destes países non teñen poder adquisitivo, a lóxica do mercado leva aos directivos destas compañías a desinteresarse polos mercados dos países máis pobres.

En efecto, a resposta que Ahmat deu ao mundo parecía a máis lóxica: que os países do Sur produzan os seus propios fármacos. Pero as grandes compañías do sector xa se curaron en saúde: se un país quere formar parte da lista das nacións que poden exportar deben formar parte da Organización Mundial do Comercio (OMC) e unha condición é respectar o acordo global sobre o réxime de propiedade intelectual... Ou o que é o mesmo, respectar e pagar as patentes aínda cando estas poidan ir en detrimento de políticas nacionais de saúde.


O Banco Mundial estima que a protección da propiedade intelectual llevará a un aumento do investimento exterior nos países de ingresos medio, pero ao tempo calcula que a plena aplicación do TRIPS supoñerá unha perda duns 20 mil millóns de dólares en pagamentos de patentes que os países máis pobres deberán facer aos países ricos (incluíndo o sector da saúde).


Só o 0,9% do orzamento de investigación do sector destínase a doenzas tropicais. As compañías farmacéuticas tenden a restrinxir os fondos dedicados a Investigación e Desenvolvemento a favor de produtos máis rendibles. Segundo apunta o informe do Panos Institute de Londres, "Patentes, Pínulas e Saúde Pública", dos 1.393 novos produtos farmacéuticos que saíron ao mercado nos últimos 25 anos, só 13 eran para doenzas tropicais. Ou o que é o mesmo, o 0,9 % do investimento destinouse a este tipo de investigación.


A escasa dotación de fondos débese, segundo a citada organización non gobernamental, a que a relación entre o custo de investigación e o escaso beneficio non xustifica o investimento aos ollos dos accionistas.


En efecto, aínda que os países en desenvolvemento representan o 80 por cento da poboación do planeta, para as empresas do sector só supoñen o 21% das vendas. Por esta razón, a maior parte do investimento da industria farmacéutica foi destinada a buscar solucións para problemas, entre outros, como a calvicie ou as disfunciones erectiles, a pesar de non representar unha ameaza para a vida.


Só cinco das once principais compañías levaron a cabo investigacións sobre a doenza do sono, a leishmaniasis e a doenza de Chagas, e só dous traballaron sobre a malaria

 

FONTE: http://www.mundosolidario.org/doc.php?var=268

www.panos.org.uk

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina