UNIDADE 1 - ACTIVIDADE ECONÓMICA E SISTEMAS ECONÓMICOS |
1 - CONCEPTO DE ECONOMÍA. A ESCASEZA
VIDEO: Historia dun lápis
Foron moitas as definicións de economía que se propuxeron por parte de diferentes economistas, en función da orientación que se lle deu ao estudo da mesma.
PPT: O modelo indutivo-dedutivo
Unha das definicións máis aceptadas e que imos utilizar para a súa comprensión é a proposta por Lionel Robins en 1932. “A economía é a ciencia que analiza o comportamento humano como a relación entre uns fins dados e medios escasos que teñen usos alternativos.”
Para comprender mellor esta definición e facilitar súa análise, imos definir a economía como segue:
“A economía é a ciencia que estuda a satisfacción das necesidades humanas (que son ilimitadas), a través da utilización dunha serie de recursos que son escasos e susceptibles de usos alternativos” |
Se analizamos máis detalladamente esta definición podemos destacar o seguinte:
a) A economía é unha ciencia e neste caso é unha ciencia social. E para o seu desenvolvemento, os seus estudosos utilizan métodos científicos para elaborar leis, teorías e modelos. Un dos métodos científicos utilizados é o método indutivo-dedutivo
b) A economía estuda a satisfacción das necesidades humanas. Estas necesidades son ilimitadas, xa que, a medida que cubrimos unhas necesidades primarias van xurdindo novas necesidades.
c) Para poder satisfacer estas necesidades, debemos utilizar unha serie de recursos, pero estes recursos son limitados, son escasos.
d) Estes recursos limitados e escasos, son susceptibles de usos alternativos, é dicir, podémolos utilizar de diferentes formas e así cubrirán unhas ou outras necesidades.
e) O problema básico da economía é a escaseza, xa que sen escaseza non habería problemas para satisfacer todas as necesidades. Este problema da escaseza fainos concibir a economía como a chamada “ciencia da elección”, xa que, en función de como utilicemos os recursos dos que dispoñemos (usos alternativos) poderemos satisfacer unhas ou outras necesidades, máis ou menos necesidades.
Exemplo:
Recurso escaso: a auga no mediterráneo
Solución: transvasamento do Ebro ou desalación de augas.
No seu día, o Goberno do Partido Popular propuxo como solución á escaseza da auga no mediterráneo, un transvasamento da auga de “cuncas excedentarias”, é dicir, da comunidade de Aragón a través do coñecido transvasamento do Ebro.
Para iso a xustificación é que os recursos do país deben optimizarse e, polo tanto, propuxeron un Plan Hidrolóxico Nacional.
Por outra banda, no seu día, o Partido Socialista, propuxo como alternativa a desalación das augas e que os transvasmentos se producisen soamente en caso de último recurso.
Temos así dúas diferentes formas de satisfacer as necesidades, cunha serie de recursos dados, hai a posibilidade de utilizalos de forma diferente (usos alternativos). En política, como en economía, haberá uns que defenderán unha alternativa, e outros que defenderán outra, xa que a economía é unha ciencia social e non exacta.
VIDEO: Murcia quere a auga do Pirineo
1.1 O problema da escaseza
O problema económico por excelencia é a escaseza e xorde porque as necesidades humanas son ilimitadas, mentres que os recursos económicos, e polo tanto os bens, son limitados.
En termos económicos necesidade é todo aquilo que se desexa e que para satisfacerla require un esforzo.
Podemos clasificar as necesidades en función de diferentes criterios, a máis habitual é clasificalas entre as necesidades primarias e secundarias. Supoñendo que as primarias son aquelas que a sociedade considera que deben ter cubertas todos os cidadáns medios, as necesidades primarias serán diferentes segundo o grao de riqueza ou pobreza do país que analicemos.
Exemplo: Xerarquía das Necesidades de Maslow
Actividade: Le e comenta a seguinte noticia: “As necesidades sanitarias dos países pobres topan cos xuros económicos das grandes compañías” Panos Institute
Tamén podemos clasificar as necesidades en individuais e sociais: por exemplo unha necesidade individual é o xantar pero dependendo da sociedade na que vivimos, pódese satisfacer esta necesidade xantando carne de porco ou non.
Un ben é todo aquilo que nos permite satisfacer unha necesidade. En xeral, ao falar de bens referímonos tanto aos materiais (ben propiamente dito) como aos servizos.
Desde o punto de vista económico interésannos os bens que son escasos, e neste sentido podémolos clasificar en bens libres ou económicos.
Segundo a materialidad podemos clasificalos en bens (materiais como unha mesa ou unha cadeira) e servizos (inmateriais como a educación ou a atención sanitaria).
VIDEO: A satisfación das necesidades básicas
1.2 O contido económico das relacións sociais
A economía ten que ver con aquelas actividades encamiñadas a satisfacer as necesidades individuais ou colectivas, a conseguir os recursos necesarios para iso, e á obtención dos bens e servizos que son necesarios.
Son actividades económicas as de produción, intercambio e consumo de bens e servizos e tamén as de distribución das rendas e riquezas xeradas no proceso produtivo.
A economía é unha ciencia social xa que o seu obxectivo é o estudo das relacións humanas que teñen carácter económico, pero que forman parte do conxunto das actividades humanas.
Exemplo:
Na antigüidade, as sociedades máis primitivas, para poder satisfacer as súas necesidades vivían da autosuficiencia, cultivando os seus propios produtos, cazando animais para satisfacer as súas necesidades de alimento e vestido, construíndo as súas propias vivendas, etc. Pero xa na antigüidade, como consecuencia de vivir nun poboado mantiñan relacións sociais.
Estas relacións sociais, coa chegada do intercambio e a especialización, se foron convirtiendo en actividades económicas e así, hoxe en día non poderiamos satisfacer as nosas necesidades sen desenvolver actividades económicas.
O cidadán de hoxe en día, desde que nace empeza a recibir unha educación, para satisfacer as súas necesidades sociais e para conseguir un traballo no futuro que lle permita obter uns ingresos e, con eles, e a través do intercambio de diñeiro, permítalle adquirir os bens e servizos necesarios para ter unha vida digna.
Lionel Robins segue concretando a súa visión da economía adaptándoa á vida en sociedade.
"A economía é a ciencia da elección, a ciencia que estuda como os recursos son empregados polo home para satisfacer as súas necesidades, posto que viven en sociedade".
VIDEO: O concepto de economía
SABER MÁIS:
Relación da economía con outras ciencias