Multa de 193.000 euros por anuncios enganosos
JOSÉ LUIS ESTÉVEZ - Santiago - 03/04/2008

Un xulgado de Santiago confirmou as sancións por valor de 193.500 euros impostas polo Instituto Galego de Consumo (IGC) contra a empresa Carrefour, ao detectarse anomalías nun folleto propagandístico que foi distribuído no centro comercial co que esta multinacional conta en Santiago. A sentencia pode ser recorrida diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


A sanción foi imposta polo IGC en setembro de 2005 ao detectarse un total de 129 infraccións en materia de defensa dos consumidores e usuarios. A multa que deberá pagar Carrefour débese a que no citado folleto non se indicaba o prezo por unidade de medida de cada un dos artigos (129) que aparecían anunciados.


Un decreto do ano 2000 establece a obriga de que os comerciantes indiquen nos produtos ofertados o seu prezo final (incluídos IVE e outros impostos) por quilogramo, litro, metro, metro cadrado ou metro cúbico de produto. Esta obriga tamén se estende a todas as formas de publicidade nas que se mencione o prezo de venda dos produtos. O obxectivo desta medida é mellorar a información ás consumidores e facilitar a comparación de prezos.

FONTE: EL PAÍS
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Multa/193000/euros/anuncios/enganosos/elpepiautgal/20080403elpgal_2/Tes

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina