Cada un dos axentes da economía interveñen no mercado para desenvolver a súa actividade, pero é necesaria a existencia duns controis para que non abusen duns ou outros, para que aqueles que teñen menos poder non se vexan prexudicados polos que teñen máis poder.
Neste caso nos imos fixar nos mecanismos que existen nas sociedades máis desenvolvidas para velar por estes dereitos.
Un dos piares básicos de calquera país é a Constitución, na que se declaran dereitos e deberes fundamentais para os seus cidadáns. Neste sentido e tendo en conta a intervención das economías domésticas na economía (como consumidores e como empresarios ou traballadores), a constitución recoñece como un dereito fundamental o dereito ao traballo e a ao asociacionismo.
O artigo 35 da Constitución Española di: “Todos os españois teñen o deber de traballar e o dereito ao traballo, a libre elección de profesión e oficio, a promoción a través do traballo e a unha remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e as da súa familia, sen que en ningún caso se poida facer unha discriminación por razón de sexo”.
Para velar polo cumprimento deste dereito fundamental, o goberno debe desenvolver unha normativa (lexislacion laboral), así como as políticas económicas e sociais necesarias. Como garantía da defensa dos traballadores aparecen os Sindicatos.
HEMEROTECA: La tasa de paro insoportable - Joaquín Estefanía - EL PAÍS - 28/04/2008
Sindicatos
Os sindicatos son organizacións democráticas dos traballadores, que represéntanos, e asumen a defensa dos seus xuros económicos, laborais, sociais e políticos. Os principais a nivel estatal son UXT e CCOO, e a nivel galego CIG.
Asociacións de Consumidores
Para a defensa dos consumidores e usuarios, derivado da carencia de información e ao pouco poder en moitos casos para poder velar polos seus dereitos, permítese a súa asociación. Por exemplo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).
HEMEROTECA: Multa de 193.000 € por anuncios engañosos - Jose L. Estevez - EL PAÍS - 03/04/2008
Lexislación Mercantil
Lexislación Mercantil: tamén é necesaria a regulación das actividades que desenvolven as economías domésticas cando actúan como empresarios, ou das propias empresas, cando están compostas por diferentes socios.
Para regular toda a actividade empresarial, desenvólvese a Lexislación Mercantil que e, dentro dela salientaremos a Lei de Patentes e Marcas como un instrumento para a defensa da actividade empresarial.
HEMEROTECA: El sector del aceite de girasol teme una caída del 20% - Vidal Mate - EL PAÍS - 30/04/2008
Patentes
Lei de Patentes e Marcas: desenvolve, entre outros, o dereito á Propiedade Industrial, é dicir, cando un empresario ou empresa, tras realizar un proceso de investigación, e haber investido o seu traballo e diñeiro, obtén un produto ou innovación, se permítelle a súa explotación en exclusiva durante un determinado período de tempo para garantir que poida amortizar os seus gastos e tamén así ter un aliciente para que as empresas invistan en I+D+I.
HEMEROTECA: ¿Cuánto vale un nombre? MOISÉS NAÍM EL PAÍS 27/04/2008