As escolas económicas
Moitas son as escolas económicas que se desenvolveron ao longo da historia, algunhas delas e as máis importantes foron as seguintes:
FISIÓCRATAS
Un grupo de intelectuais franceses dirixidos por F. Quesnay, propoñen por primeira vez un esquema coherente do funcionamento do sistema económico. Consideran que a riqueza circula entre tres grupos sociais: a clase produtiva (os agricultores), a clase estéril (os artesáns e comerciantes) e os propietarios (a nobreza, o clero e os funcionarios). O Estado debe manter esta Orde Natural.
ESCOLA CLÁSICA
Adam Smith en 1776, coa publicación do libro “A riqueza das Nacións”, é considerado a orixe da economía como ciencia. Os clásicos escribiron nunha época na que a industria estaba coñecendo un desenvolvemento sen precedentes. Para Adam Smith, o Estado debía abstenerse de intervir na economía xa que se os homes actuaban libremente na busca do seu propio interese, había unha “man invisible” que convertía súas esforzos en beneficios para todos.
MARXISMO
(Principios s.XIX) vive a primeira gran crise do capitalismo e convida aos traballadores a participar activamente para cambiar o sistema económico. Critica a acumulación de capital polos capitalistas e a concentración en moi poucas mans. A progresiva mecanización crea un permanente exército industrial de reserva que mantén os salarios ao bordo da depauperación. Augura e propón unha revolución dos traballadores, o que provocará a “expropiación dos expropiadores”.
NEOCLÁSICOS
(Finais s.XIX) que intentan fundamentar mellor a teoría clásica dunha maneira máis moderna e científica. Tamén chamados marxinalistas. A primeira gran sínteses da ciencia económica, englobando as doutrinas dos clásicos coa das diferentes escolas marxinalistas, realízaa A. Marshall cuxo libro Principios de Economía foi o primeiro manual moderno de Economía.
KEYNES
En 1936, trala Gran Depresión, J.M. Keynes publica seu libro “Teoría Xeral da Ocupación, o Interese e o Diñeiro”. Di que cando as expectativas dos empresarios son favorables, grandes volumes de investimento provocan unha fase expansiva. Cando as expectativas son desfavorables a contracción da demanda pode provocar unha depresión. O Estado pode impedir a caída da demanda aumentando os seus propios gastos. Atendendo a estas propostas, os gobernos dos países industriais iniciaron unha activa política de intervención aumentando progresivamente os seus gastos e o peso do sector público. Converteuse no paradigma dominante en todas as universidades occidentais.
FONTE: Martínez Coll, Juan Carlos (2001): "Breve historia del pensamiento económico" en La Economía de Mercado, virtudes e inconvenientes http://www.eumed.net/cursecon/1c/pensamiento-economico.htm