UNIDADE 1 - ACTIVIDADE ECONÓMICA E SISTEMAS ECONÓMICOS

 

4 - OS SISTEMAS ECONÓMICOS

Como diciamos, ao longo da historia foron variando as respostas ás cuestións básicas da economía. Desde as sociedades máis primitivas, nas que as actividades “económicas” ían encamiñadas á satisfacción de toda a comunidade, ata un sistema capitalista no que é o mercado o que responde a todas estas cuestións.

 

Economía de mercado

A partir dos séculos XVI e XVII aparece o capitalismo, inicialmente capitalismo mercantil ao desenvolverse o comercio e a actividade manufactureira; posteriormente o capitalismo industrial ao desenvolverse a siderurxia e a industria téxtil; ata o capitalismo financeiro coa aparición dos grandes bancos que financian a actividade económica obtendo grandes beneficios grazas aos avances tecnolóxicos e a explotación da man de obra. As cuestións básicas da economía resolvíaas o mercado.

 

Economía de planificación central

Derivada da situación anterior de explotación xorde un novo sistema social, político e económico, o sistema comunista. Este novo sistema baseábase en que as respostas a todas as cuestións básicas da economía eran ofrecidas polo Estado, xa non serían as clases que dispoñían de maiores factores de produción os que decidisen que, como e para quen producir, senón que se establece un sistema de Planificación Central.

 

Economía mixta

Actualmente, en maior ou menor medida, na maior parte das economías mundiais as respostas a estas cuestións resólvense a través do mercado e da planificación central (intervención do Estado), é dicir, un sistema mixto.

 

A tendencia é que naqueles mercados nos que tradicionalmente existía unha economía de planificación central, cada vez o mercado teña máis influencia e naqueles nos que a economía de mercado tiña máis importancia, cada vez sexa máis importante a intervención do Estado.

Actividade:

1. Responde a cada unha das seguintes cuestións para cada un dos sistemas económicos vistos (economía de mercado, planificación central e economía mixta):
- Como é a propiedade dos factores de produción?
- Quen planifica a produción?
- Como se fixan os prezos?
- Cal é o papel do Estado na economía?
- Cal é a ideoloxía que inspira a actividade económica?
SOLUCIÓN

2. Responde as anteriores cuestións para a realidade económica española. Que tipo de sistema económico existe?

3. Pensa nalgúns países en que se achegue máis á economía de mercado e algúns que se acheguen máis á planificación central.

 

Historia do pensamento económico

Ao longo da historia do pensamento económico foron aparecendo diferentes doutrinas económicas xerando diferentes escolas de pensamento económico.

Unha doutrina económica é o conxunto de ideas ou opinións dun grupo de economistas importantes.

As doutrinas económicas condicionaron os acontecementos e as reformas e revolucións que tiveron lugar ao longo da historia.

Dúas destas doutrinas máis contrapostas e que máis influíron nas sociedades foron o liberalismo e o marxismo.

O LIBERALISMO: gran importancia do funcionamento do mercado. Segundo Adam Smith (fundador do liberalismo económico), cada individuo ao buscar o seu propio interese contribúe ao benestar da colectividade. Polo que a orde natural non debe ser violentada pola intervención do Estado, agás en casos moi concretos.

O MARXISMO: representa o polo oposto ao liberalismo económico. O seu maior representante e creador é Karl Marx. Esta doutrina confía na planificación central do Estado para resolver os problemas económicos da sociedade.

 

SABER MÁIS

As escolas económicas

 

 

Outras tendencias da economía na actualidade

 

Neoliberalismo/Liberalismo

Seguindo as premisas do liberalismo, aparece un novo pensamento económico, o neoliberalismo, que é calificado por algúns economistas como máis extremo.

Se ben poderíamos discutir se na actualidade o mundo está dominado polo pensamento neoliberal ou simplemente liberal, o que está claro é que e, a 2008, a corrente principal de pensamento económico.

Hoxe en día, a maior parte do pensamento económico está dominado por tesis neoliberales (ou liberais), desde os gobernos ata os medios de comunicación e a meirande parte dos órganos principais de decisión internacionais.

SABER MÁIS

Artigos e outros enlaces:

Neoliberalismo – Por Jesús Antonio Bejarano
¿Qué es el neoliberalismo? – Por Adolfo Rivero Caro

 

 

Socialdemocracia

É unha das principais correntes do pensamento económico da esquerda. Temos diferentes países nos que se aplicou en maior ou menor grao. Desde a socialdemocracia Sueca, cos éxitos que cultivou durante moitos anos, ata o que se pode chamar tamén unha socialdemocracia de Felipe González (cualificada por moitos economistas como demasiado liberal).

SABER MÁIS

Artigos e outros enlaces

Socialdemocracia
¿Socialdemocracia o socialismo del siglo XXI? – Por Juan Carlos Guerra

 

 

Lecturas recomendadas:

Dous libros moi fáciles de ler son:

“Economía liberal para no liberales y para no economistas” – Xavier Sala i Martín

“Economía no liberal para liberales y no liberales” – Diego Guerrero

O segundo dos libros é unha contestación por parte de Diego Guerrero, que se manifiesta non liberal ou antiliberal, ao libro do economista liberal Xavier Sala i Martín. Libro gratuito no seguinte enlace: http://www.eumed.net/cursecon/libreria/2004/dg/dg.htm

NOTA: Recoméndase ler os dous para así ter duas visións contrapostas da mesma realidade.

 

Outro libro, xa no ámbito de Galicia, é o seguinte:

“Ou fracaso neoliberal na Galiza” – Xavier Vence

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina