GLOSARIO UNIDADE 3 – DEMANDA, OFERTA E EQUILIBRIO

 

Demanda: a demanda dun ben determina a cantidade do devandito ben que os compradores desexan comprar para cada nivel de prezo

Ceteris Paribus: esta expresión quere dicir literalmente “o resto permanece igual”.

Ben Normal: son aqueles bens cuxa demanda aumenta cando aumenta a renda das consumidores, e á inversa.

Ben Inferior: aqueles bens cuxa demanda diminúe cando aumenta a renda das consumidores, e á inversa.

Ben Complementario: é aquel que se consume conxuntamente co ben en cuestión ( por exemplo o coche e a gasolina).

Ben Substitutivo: aquel que pode satisfacer a necesidade do consumidor practicamente igual que o ben en cuestión (por exemplo a margarina pode ser un bo substitutivo da manteiga).


Movemento ao longo da curva de demanda: variacións no prezo do ben provoca un movemento ao longo da curva de demanda.


Desprazamento da curva de demanda: variacións doutros factores diferentes do prezo do ben (renda das consumidores, prezo doutros bens, gustos ou expectativas) provocan un desprazamento de toda a curva de demanda para a dereita ou esquerda en función de que o seu efecto sexa positivo ou negativo.


Oferta: a oferta determina a cantidade dun ben que os vendedores ofrecen ao mercado para cada nivel de prezo.


Movemento ao longo da curva da oferta: As variacións no prezo do ben provoca un movemento ao longo da curva de oferta.


Desprazamento da curva da oferta: variacións doutros factores diferentes ao prezo do ben (custo dos factores, tecnoloxía ou expectativas) provocan un desprazamento de toda a curva de oferta para a dereita ou esquerda en función de que o seu efecto sexa positivo ou negativo.


Equilibrio de mercado: Cando consumidores (demandantes) e vendedores (oferentes) atópanse no mercado, xa que os seus obxectivos son contrapostos, terán que chegar a un acordo para que se produza o intercambio. Este acordo será dunha determinada cantidade a un determinado prezo, estas cantidades e prezos que se determinan cando se enfrontan oferta e demanda denomínanse prezo de equilibrio e cantidade de equilibrio e vén determinado polo chamado punto de equilibrio.


Exceso de demanda: cando a un determinado prezo quérese comprar máis do que se ofrece.

Exceso de oferta: cando a un determinado prezo a cantidade ofrecida é maior que a demandada.

Elasticidade-prezo da demanda: A elasticidade-prezo da demanda mide o grao de resposta da cantidade demandada perante alteracións no prezo.

Elasticidade Unitaria: cando a variación da cantidade e do prezo é proporcional.

Curva Elástica: cando os cambios nos prezos teñen unha resposta proporcionalmente maior na cantidade.

Curva Inelástica: cando as variacións dos prezos correspóndense con cambios proporcionalmente menores na cantidade.

Elasticidade-Prezo da oferta: A elasticidade-prezo da oferta mide o grao de resposta da cantidade ofrecida perante alteracións no prezo.

Demanda Inducida: é provocada ou conducida polo provedor de bens ou servizos e sitúase por riba da que o consumidor realizaría de haber disposto de suficiente información.

indice unidade didáctica

 

 

GLOSARIO UNIDADE 4 –TIPOS DE MERCADOS

 

Competencia Perfecta: é un tipo de mercado no que se cumpren as seguintes características:
1. Existencia dun elevado número de compradores e vendedores no mercado.
2. O produto debe ser homoxéneo.
3. O mercado debe ser transparente.
4. Libre entrada e saída de novas empresas no mercado e libre mobilidade dos recursos produtivos (non existen barreiras de entrada)

 

Prezo-aceptante: condición que cumpren demandantes e oferentes no mercado de competencia perfecta, xa que o prezo veñen dado polo mercado. Non teñen ningunha influencia na formación do prezo do produto ou servizo.

 

Mercado Transparente: existe un coñecemento pleno das condicións xerais do mercado. Os vendedores coñecen o que as compradores están dispostos a pagar, mentres que os demandantes saben a que prezo os oferentes desexan vender. Tamén deben coñecer as características de todos os produtos e a existencia de posibles bens substitutivos.

 

Información Asimétrica: cando unha das partes que participan no intercambio dispón de maior información que a outra acerca das características do produto ou servizo.

 

Monopolio: mercado no que hai unha única empresa que ofrece un determinado produto ou servizo que non ten bos substitutivos.

 

Monopolio Natural: cando a estrutura de custos dunha industria determinada, fai que unicamente sexa posible a existencia dunha empresa para que esta sexa rendible, xa que debido aos elevados custos de produción, sería máis eficiente o mercado canto maior fose a empresa.

 

Oligopolio: existen poucas empresas, pero non unha soa. O número de empresas debe ser o suficientemente pequeno para que teñan un control sobre o mercado, de xeito que poidan influír sobre o prezo e que teñan uns produtos bastante homoxéneos.

Duopolio: no caso de que sexan dúas as empresas existentes no mercado.

Cártel: acordos aos que chegan empresas para repartirse o mercado ou para fixar os prezos dos produtos ou servizos

Competencia Monopolística: mercado no que existen moitos demandantes e oferentes, que ofrecen produtos similares e que cobren as mesmas necesidades, pero que se diferencian fundamentalmente pola marca ou polo prezo.

Fallos do Mercado: nalgúns casos o mercado (desde o punto de vista do mercado libre ou a economía de mercado) non é capaz de resolver determinados problemas individuais ou colectivos. Son debidos fallos do mecanismo de prezos para asignar correctamente os recursos ou a deficientes lexislacións que permiten a axentes económicos aproveitarse da súa posición dominante.

Externalidades Negativas: efectos indirectos negativos causados a terceiros por axentes produtivos.

Externalidades Positivas: efectos indirectos positivos que unha actividade industrial (ou comercial) causan sobre terceiros.

indice unidade didáctica