SABER MÁIS

A influencia da inflación

 

Aínda que debemos eliminar o aumento dos prezos, debemos facelo unicamente sobre o aumento dos prezos derivados da inflación, non do aumento do valor real do produto ou servizo. É dicir, pode ser que o prezo do produto aumente moito debido a que se conseguiu revalorizalo, isto supón un aumento real do PIB e da RN.

Por exemplo, supoñamos que na economía anterior o aumento real dos prezos sexa unicamente do 3% cada ano. Calcula o novo PIB real.

 

Para iso, imos ver o concepto do deflactor do IPC

 

MAGNITUDES NOMINAIS E REAIS

Cando definimos magnitudes como o valor da produción ou PNB, a Renda Nacional, O Aforro, o Investimento, etc., medimos o seu valor monetario, utilizando o patrón de prezos do mercado, pero os prezos varían no tempo, xa que a inflación elévaos cada ano. Para solucionar este problema utilízase un índice de prezos como o IPC (índice de prezos ao consumo), para “deflactar” o PNB nominal e outras magnitudes macroeconómicas nominais e convertelo en PNB real ou magnitudes reais.

As magnitudes nominais mídense en euros correntes, é dicir, aos prezos existentes cando se realiza a medición, e as reais mídense en euros constantes, é dicir, en euros aos que se eliminoulles a influencia do crecemento dos prezos.

Por exemplo, se o PNB dun país é de 5.000 millóns no ano 2004 en euros correntes, e no ano 2005 é de 5.500 millóns tamén en euros correntes, non podemos concluír que o PNB dese país medrou un 10% en termos de bens e servizos, porque para coñecer se a produción aumentou “realmente”, debemos eliminar a influencia do crecemento dos prezos. Así, se no devandito país o IPC medrou un 10% nese mesmo ano, a produción real nese período é a mesma que no anterior, posto que o crecemento nominal é debido exclusivamente a que os prezos subiron no mesma porcentaxe. Se o IPC aumentase un 5%, o crecemento da produción sería dun 4,76%.

Polo tanto, se queremos analizar a evolución das magnitudes macroeconómicas no tempo, debemos eliminar a influencia do crecemento dos prezos, considerando súas variacións en termos reais.

 

Magnitude en termos reais  = Magnitude en termos nominais ano X  *  100
                                                    IPC ano X (respecto ano base)

 

ANO

PNB euros correntes

IPC base ano 2004

PNB euros constantes

2004

5000

100

(50/100)*100 = 50

2005

5500

105

(55/105)*100 = 52,38

 

A TAXA DE CRECEMENTO: dunha variable é a taxa porcentual por período (normalmente un ano) á que aumenta ou diminúe dita variable. A taxa de crecemento é un instrumento útil cando estudamos datos de series temporais, e isto é así porque moitas veces convén examinar os aumentos da variable obxecto de análise por ano.

Taxa de crecemento = Valor no ano X – Valor no ano X-1    * 100

Valor no ano X-1

No exemplo anterior:

Taxa crecemento IPC = 105 – 100   *100  = 5%
0000000000000000000000100

 

Taxa crecemento corrente = 55 – 50   * 100  = 10%
00000000000000000000000050

 

Taxa crecemento constante = 52,38 – 50  *  100  = 4,76%
00000000000000000000000000050

 

A deflación consiste en eliminar o efecto da variación dos prezos nos valores correntes ou nominais das magnitudes, ou o devandito doutro modo, en corrixir o efecto desa perda de valor do diñeiro no transcurso do tempo.

ANOS

PN Nominal
(€correntes)

 

Indice Prezos
(base 1986 = 100)

PN Real
(€ ctes 1986)

 

DATO

CRECEMENTO

DATO

CRECEMENTO

1986

194,27

100

194,27

1987

217,23

11,82

105,8

205,47

5,77

1988

241,39

11,12

111,8

215,91

5,08

1989

270,61

12,10

119,7

226,07

4,71

1990

300,95

11,21

128,5

234,20

3,60

1991

347,33

15,41

137,3

252,97

8,01

1992

352,68

1,54

145,6

242,23

-4,25

1993

366,30

3,86

153,3

238,94

-1,36

1994

388,69

6,11

159,6

243,54

1,93

1995

419,45

7,91

167,1

251,02

3,07

(Miles millóns euros) Fonte: Ministerio de Economía e Facenda

 

 

 

 

 

 

 

EXERCICIO: INFLUENCIA DA INFLACIÓN NOS SALARIOS

 

O Señor López traballou durante tres anos para o señor Pérez. O Señor López está pedindo un maior aumento de soldo xa que di que perdeu poder adquisitivo desde que empezou a traballar.

Os salarios cobrados polo Señor López foron de 20.000 euros o primeiro ano (ano1), 20.500 euros o segundo (ano 2) e 22.000 euros o terceiro (ano 3).


Tendo en conta que a inflación foi no ano 1 do 5% e no ano 2 do 10%, calcular:

a) As cantidades que debería haber cobrado para non perder poder adquisitivo nos anos 2 e 3.

b) Cal foi o incremento corrente en porcentaxe para cada ano?. E o real en porcentaxe para cada ano?.

c) Canto debería incrementarlle o soldo no ano 4 para non perder poder adquisitivo se supoñemos que a inflación é do 5%?.

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina