UNIDADE 5 - MAGNITUDES MACROECONÓMICAS E INDICADORES DUNHA ECONOMÍA |
5.5 - LIMITACIÓNS DAS MACROMAGNITUDES
Os datos que nos ofrecen o PIB, PNB, RN poden resultar enganosos se non os analizamos con maior profundidade. Podemos expoñer as seguintes cuestións:
a) Cal é o grao de desigualdade no reparto da renda entre o conxunto da poboación?
b) O produto obtido, foi conseguido cos mesmos recursos?, é dicir, aumentou ou diminuíu a productividade?
c) Se aumentou a renda, fíxoo para a mesma poboación?, ou tamén aumentou a poboación e polo tanto touca a menos por habitante.
d) No cálculo do produto nacional temos en conta todo o producido nesa economía ou hai moitas actividades non incluídas.
e) O aumento da produción é real, ou débese ao aumento dos prezos?
f) Como medimos a calidade de vida ou o benestar? Podería darse un crecemento económico pero unha diminución da calidade de vida?
Para contestar a algunhas destas cuestións debemos comprender uns conceptos básicos:
Renda per cápita/PIB per cápita
A renda per cápita é o resultado de dividir a renda nacional entre o número de habitantes dun país. Se a renda nacional aumenta, pero a poboación aumenta en maior proporción, a cada cidadán correspóndelle unha cantidade inferior. En cambio, se diminúe a poboación en maior proporción á diminución da renda, cada cidadán se vería beneficiado.
O PIB per cápita é o resultado de dividir o PIB polo número de habitantes dun país, é dicir, a produción dun país relacionada co número de habitantes que a conseguen. Este valor dános unha idea da productividade da man de obra (no seu sentido máis amplo xa que consideramos a poboación na súa totalidade).
A renda por habitante ou renda per cápita, ou o PIB por habitante, son uns índices máis axeitados cá renda nacional e o PIB ou PNB, tanto no que se refire ao coñecemento da actividade económica dun país e a súa comparación coa situación doutros países, como para coñecer a evolución ao longo do tempo dunha mesma realidade económica.
Renda per cápita = RN/Poboación |
PIB per cápita = PIB/Poboación |
Para o cálculo do PIB consideramos todos os bens e servizos finais producidos nunha economía nun período de tempo. É dicir, temos en conta as cantidades e os prezos. Pero os prezos varían dun ano a outro e polo tanto, se non eliminamos o efecto da inflación, non estaremos utilizando as mesmas unidades de medida.
O aumento do PIB pode deberse, e de feito así é, a un aumento das unidades producidas, e a un aumento do prezo das unidades producidas. Se queremos ver o aumento real do PIB debemos eliminar o efecto da inflación ou deflactar o PIB nominal (a prezos correntes ou de cada ano), para obter o PIB real (a prezos constantes ou de acordo cos prezos dun ano de referencia).
O PIB real trata de responder a esta pregunta: Cal sería o valor dos bens e servizos producidos este ano se os valorasemos aos mesmos prezos que o ano pasado?. Polo tanto, valorando a produción actual cuns prezos que se manteñen fixos (prezos constantes) podemos comprobar se realmente a produción aumentou ou diminuíu.
Exemplo: Consideremos os seguintes datos de produción dunha batea de mexillóns que produce as seguintes cantidades ao ano, xunto cos seus prezos de venda de mercado (datos ficticios: o dato real é o prezo de 1,05 do quilo de mexillón en batea). Veriamos a contribución desta batea ao conxunto do PIB da economía.
PRODUCIÓN MEXILLÓN E PREZO
Ano |
Cantidade |
Prezo por unidade |
PIB nominal |
PIB real |
2006 |
40.000 |
1 |
40.000 |
40.000 |
Como vemos, se analizamos a contribución desta batea ao PIB no ano 2007, foi maior que no ano 2006. Pero isto débese unicamente a que aumentaron os prezos de venda do produto pero tamén aumentou o prezo dos factores produtivos empregados para obtelo, é dicir, que é coma se non aumentase a produción real.
En cambio no ano seguinte, se ben tamén aumentaron os prezos, a produción tamén o fíxo, se eliminamos o efecto do aumento dos prezos obteremos un indicador máis fiable.
SABER MÁIS
O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)
Dende 1990 o PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) elabora o prestixioso Informe sobre o Desenvolvemento Humano. Nel inclúe o Índice de Desenvolvemento Humanno, unha clasificación de 174 países para a que se ten en conta non só os datos macroeconómicos do Producto Nacional senon ademais outros indicadores sociais como a equidade na distribución das rendas, o papel social da muller, a extensión da educación media, etc.
Ligazón: PNUD (eumed.net)
ACTIVIDADE: Le o seguinte artigo e contesta as preguntas: España escala seis postos no IDH da ONU
O índice Gini, é un índice de concentración da riqueza e equivale ao dobre da área de concentración. O seu valor estará entre cero e un. Canto máis próximo a un o Índice Gini, maior será a concentración da riqueza; canto máis próximo a cero, máis equitativa é a distribución da renda nese país.
Son aquelas actividades que xeran actividade económica pero que non son tidas en conta no cálculo de PIB ou RN xa que son actividades ilegais (tráfico de drogas, prostitución) ou que non se declaran ao Estado co obxectivo de non pagar impostos ou contribucións á Seguridade Social.
En moitos casos a economía sumerxida tivo unha importancia moi elevada para o desenvolvemento dunha economía determinada, xa que sentou as bases para o enriquecemento da poboación e posteriormente desenvolver as súas actividades dentro da legalidade.