UNIDADE 5 - MAGNITUDES MACROECONÓMICAS E INDICADORES DUNHA ECONOMÍA |
5.6 – ANEXO I: OUTROS CONCEPTOS MACROECONÓMICOS
As familias utilizan a súa renda dispoñible para satisfacer as súas necesidades e, unha vez cubertas, parte da súa renda destínana ao aforro. Imos ver como se comporta a función de consumo e de aforro.
Consideramos que as familias a súa renda dispoñible Yd, destínana ao consumo, ou ao aforro.
Yd = C + A
Soamente consideramos que as familias invisten cando destinan parte da súa renda dispoñible á adquisición de vivenda.
A función de consumo e do aforro
O consumo depende da renda dispoñible e medra con ela, é dicir, a medida que as economías domésticas aumentan a súa renda dispoñible, aumentan tamén o consumo de bens e servizos pero este aumento non se produce de forma proporcional.
C = f(Yd) |
Características da función de consumo:
a) O consumo depende da renda dispoñible (renda menos impostos), e medra con ela.
b) O consumo medra menos que proporcionalmente coa renda.
c) Para niveis moi baixos de renda, o gasto en consumo é superior á renda (se desahorra), e para niveis altos de renda as familias só gastan en consumo parte da súa renda (aforran).
Outros factores que inflúen no consumo son:
- As rendas percibidas no pasado
- As rendas que se espera recibir no futuro
- O patrimonio das economías domésticas
- Nivel de protección social, a publicidade, os tipos de interese, os tipos impositivos, etc.
PPT: A función de demanda de consumo
Para completar o coñecemento da función de consumo é necesario coñecer os conceptos de propensión marxinal ao consumo e ao aforro, así como os de propensión media ao consumo e ao aforro.
PPT: A propensión marxinal ao consumo
Propensión media ao consumo: parte destinada por termo medio ao consumo de cada unidade de renda. (PMeC = C/Yd)
Propensión marxinal ao consumo: parte destinada ao consumo da última unidade de renda obtida. (PMgC = ∆C/∆Yd)
Propensión media ao aforro: parte destinada por termo medio ao aforro de cada unidade de renda. (PMeA = A/Yd)
Propensión marxinal ao aforro: parte destinada ao aforro da última unidade de renda obtida. (PMgA = ∆A/∆Yd)
Para Keynes o consumo sería igual a:
C = Co + αYd |
sendo:
- “Co”aquela parte independente da renda, unha especie de mínimo vital.
- “α”a propensión marxinal a consumir
5.6.2 - O investimento
Falamos de investimento cando os axentes económicos crean bens destinados á produción doutros bens ou servizos.
Cando unha empresa destina os seus recursos para construír unha fábrica, está invirtiendo os mesmos na creación dun activo necesario para a produción doutros bens. Para iso debe comprometer unha serie de recursos co obxectivo de obter uns beneficios futuros maiores.
Bens para producir outros bens |
A Formación Bruta de Capital (FBC): suma dos investimentos realizadas polos diferentes axentes da economía.
A FBC está composta polo investimento privado e o investimento público. O investimento privado é o realizado polas empresas para poder desenvolver a súa actividade e a pública realiza o Estado para que o país dispoña das infraestruturas necesarias para o óptimo desenvolvemento da actividade económica, ademais dos investimentos que se realizan por parte de empresas públicas.
FBC = Investimento privado + Investimento público |
Investimento bruto (IB) e investimento neto (IN)
Ao utilizar a capacidade produtiva, os bens de investimento deprécianse, desgástanse. Polo tanto, parte dos investimentos que realizan empresas e Estado ten como obxectivo repoñer estes bens de investimento desgastados. Outra parte dos investimentos teñen como obxectivo aumentar a capacidade produtiva (lembremos que os bens de investimento se destinan á produción doutros bens ou servizos).
É necesario diferenciar, do investimento bruta (a totalidade de investimento nun período determinado), aquela destinada á reposición dos bens de investimento depreciados, para así coñecer en que medida se aumentou realmente a capacidade produtiva da economía.
Ao investimento destinada a repoñer os activos depreciados chamarémoslle Investimento de Reposición (IR). Polo tanto, ao aumento real da capacidade produtiva dunha economía chamarémoslle Investimento Neta:
IN = IB – IR |
O financiamento dos investimentos
Cando as economías domésticas aforra, ou as empresas non distribúen todos os seus beneficios, están dotando de capital á economía para poder realizar investimentos.
Hai unha relación moi estreita entre aforro e investimento, pero deixarémola para a unidade 8 na que introduciremos a importancia do sistema financeiro.
PPT: A demanda de investimento
5.6.3 - Cálculo do PIB e RN: o valor engadido
Podemos calcular o valor da produción dunha economía a través da suma do valor de todos os bens e servizos finais producidos na mesma nun período determinado ou ben sumando o valor que se engade ao produto ou servizo en cada fase do proceso produtivo.
Vexamos a contribución particular dunha batea ao valor da produción total dunha economía:
Supoñemos unha economía reducida na que hai un mariscador que obtén a materia prima para a batea nas rochas do contorno da Ría de Arousa. Obtén 1.500 Kg de meixela, que vende ao bateeiro/á 1€/Kg.
O Bateeiro desenvolve a súa actividade produtiva e consegue unha produción de 40 Tm de mexillón, que vende a un único supermercado a 1,05 €/kg.
O supermercado, vende o mexillón fresco a 2 €/kg
Vexamos as relacións entre as empresas e o cálculo do valor da produción e a renda nacional. Debemos ter en conta que o que para o mariscador é un produto final (para a venda), para o bateeiro é a materia primá, ou poderiamos considerar dalgunha maneira un produto intermedio (produto que se adquire coa intención de sometelo a un proceso produtivo e, así obter o produto final, ou simplemente para revenderlo).
No caso do sector do mexillón, o produto final a ter en conta para calcular o valor da produción sería o mexillón vendido fresco no supermercado. Non poderiamos considerar o valor da produción de cada unha das empresas que interveñen no sector, xa que estariamos duplicando datos.
Para considerar o valor de cada unha das empresas que interveñen no sector, unicamente poderiamos considerar o incremento de valor que consegue cada empresa sobre os produtos intermedios adquiridos os seus suministradores.
Desde o punto de vista do valor da produción e das rendas obtidas:
Axente económico |
Produto Total |
Rendas |
Observacións |
Mariscador |
1500 Kg a 1 €/Kg |
Soldos = 1.500 |
A meixela atópase de maneira libre na natureza |
Bateeiro |
40 Tm a 1,05 €/Kg = 42.000 € |
Ptos Int = 1.500 |
Ptos Int: Produtos Intermedios, non supón renda para ningún traballador da batea. |
Supermercado |
40 Tm a 2 €/kg = |
Ptos Int = 42.000 |
NOTA: obviamos as diferencias entre RN e PIB para facilitar a comprensión.
Se sumamos o valor total de todos os axentes que interveñen na economía, o mariscador (1500), a batea (42000) e o supermercado (80000), obtemos unha suma do valor total das produccións de 123.500. Pero isto non se pode considerar como a contribución deste sector ao PIB, senón o valor de mercado de todos os bens e servizos finais producidos, é dicir, o valor dos mexillóns vendidos ás consumidores polo supermercado, é dicir 80.000 €.
O mesmo pasa coa vía das rendas, o mariscador obtén 1500 € como consecuencia da súa actividade, é dicir, a súa contribución no sector está valorada en 1500 € (xera rendas por valor de 1500€). O Bateeiro contribúe ao sector xerando soldos por valor de 35.500 e retribuindo o capital (xuros e beneficios) por 5.000. A súa contribución ao aumento das rendas foi de 41.500 €, non de 42500, xa que os 1500 da meixela xerounos o mariscador. O supermercado xera rendas por valor de (soldos: 10000, capital: 28000) 38.000€, xa que os 42.000 restantes corresponden á contribución do bateeiro e mariscador. Se sumamos o total das rendas xeradas por cada un dos axentes, obtemos unha contribución do sector á RN de 80.000 € (mariscador: 1500; bateeiro: 40500; supermercado: 38000).
O cálculo do produto nacional ou renda nacional a través do valor engadido, supón ir sumando o valor engadido a un produto ou servizo en cada fase da súa produción ata que este é vendido ás consumidores finais. É dicir, sumando os incrementos de valor de cada axente que intervén na súa produción.
No noso exemplo, o mariscador consegue xerar un valor de 1500 euros; o bateeiro incrementa o valor da meixela en 40500 euros, xa que consegue vender o seu produto en 42000, o supermercado aumenta o seu valor en 38000 euros. Estes son os valores engadidos por cada axente. Se sumamos a totalidade dos valores engadidos obtemos o valor final da produción: 80.000 €.