GLOSARIO UNIDADE 5 – MAGNITUDES NACIONALES E INDICADORES DA ECONOMÍA

 

Renda dunha economía doméstica: vén determinada pola retribución dos factores de produción nun período de tempo, normalmente un ano. A Renda é unha variable fluxo.


Riqueza dunha economía doméstica: formada por todos os elementos que compoñen o seu patrimonio unha vez restadas as débedas que contraeu para posuílos. A riqueza é unha variable stock, é dicir, valórase nun momento determinado.


Renda dunha empresa
: o concepto de renda aplicado á empresa sería os beneficios xerados pola mesma e estes beneficios as empresas empréganos para retribuír aos seus socios/propietarios, xa que lle han deixado capital e esperan unha recompensa, e tamén empréganos para aumentar a súa capacidade produtiva, neste sentido falamos de investimento.


Riqueza dunha empresa/Patrimonio Neto: conxunto de elementos patrimoniais positivos (bens e dereitos) menos os elementos patrimoniais negativos (obrigas).

Demanda Agregada: cantidade total demandada na economía por parte dos axentes da mesma.

Consumo Agregado: a renda converterase en consumo a través do gasto, a este consumo lle imos chamar “C”, será o consumo agregado, de todas as economías domésticas da economía analizada.

Investimento Privado: as empresas demandarán tamén bens a outras empresas para poder aumentar a súa capacidade produtiva. O gasto que realizan as empresas denomínase investimento privada “I”.

Oferta Agregada: a totalidade dos bens e servizos producidos polas empresas ou outros axentes da economía.

Gasto Público: se incluímos a intervención do Estado, este actúa na economía demandando determinados bens e servizos para ofrecérselos aos cidadáns, e realizando investimentos en infraestrutura e capacidade produtiva (como as empresas), é dicir, realizará consumo e investimento, que chamaremos “G”. Este Gasto Público realízao grazas ao cobramento dos impostos e ingresos que pode obter polas empresas que posúe o Estado.

 

Produto Nacional: conxunto de bens e servizos producidos por empresas, estado e sector exterior.

Renda Nacional: conxunto de remuneracións dos diferentes factores produtivos utilizados polos axentes da economía para poder obter o Produto Nacional.

Gasto Nacional: é a renda que se traduce en gasto ao consumir diferentes bens e servizos por parte dos diferentes axentes económicos.

Produto Interior Bruto (PIB): o valor de mercado de todos os bens e servizos finais producidos nun país durante un determinado período de tempo. (É dicir, dentro das fronteiras do país).

Produto Nacional Bruto (PNB): valor de mercado de todos os bens e servizos finais producidos polos factores produtivos nacionais durante un determinado período de tempo, xa sexa no propio país como no estranxeiro.

Produción Bruta: produción tendo en conta a depreciación ou amortización.

Produción Neta: sería o valor da produción unha vez deducida a depreciación.

Depreciación/amortizacións: desgaste ou perda de valor sufrida polos bens produtivos dunha economía como consecuencia da súa intervención no proceso produtivo. Parte da produción dunha economía é para substituír os bens desgastados e parte para incrementar a súa capacidade produtiva.

Produción a custo de factores (cf): se valoramos todos os bens e servizos finais producidos segundo o custo de factores (custo dos factores produtivos utilizados no proceso produtivo).

Produción a prezos de mercado (pm): Se valoramos todos os bens e servizos finais producidos segundo o seu valor de mercado (prezo de venda aos consumidores)

Renda Persoal Dispoñible: é a renda que finalmente poden utilizar as economías domésticas, sería a renda persoal unha vez deducidos os impostos directos.

Distribución da Renda: o que un país teña uns datos macroeconómicos positivos ou que a súa actividade económica sexa de expansión non quere dicir que todos os seus cidadáns vivan mellor ou que todos vivan ben. Debemos analizar como está repartida a renda.

Curva de Lorenz: representación gráfica do grao de desigualdade no reparto da renda dunha economía.

Índice de Gini: é un índice de concentración da riqueza e equivale ao dobre da área de concentración. O seu valor estará entre cero e un. Canto máis próxima a un sexa o índice Gini, maior será a concentración da riqueza; canto máis próxima a cero, máis equitativa é a distribución da renda nese país.

Ciclos Económicos: A evolución da actividade económica, medida a través das variacións do PIB, non se produce de maneira progresiva senón que presenta altibaixos.

Os Ciclos Longos: son debidos a circunstancias estruturais (cambian as condicións xerais), é dicir, a variación das condicións de produción derivada habitualmente de innovacións tecnolóxicas.

Os Ciclos Curtos: débense a aspectos máis coxunturais, aspectos que contribúen nalgúns casos a unha desaceleración, noutras a unha recesión e noutras a unha crise.

Renda Per Cápita: resultado de dividir a renda nacional entre o número de habitantes dun país.

PIB Per Cápita: resultado de dividir o PIB polo número de habitantes dun país, é dicir, a produción dun país relacionada co número de habitantes que a conseguen.

Magnitudes Nominais: son magnitudes valoradas utilizando os prezos do momento en que se producen, é dicir, a prezos correntes. Non ten en conta o diferente valor do diñeiro ao longo do tempo.

Magnitudes Reais: son magnitudes valoradas de acordo cos prezos dun ano base, é dicir, a prezos constantes. Elimina así o efecto da inflación.

O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH): unha clasificación de 174 países para a que tense en conta non só os datos macroeconómicos do Produto Nacional senón ademais outros indicadores sociais tales como a equidade na distribución das rendas, o papel social da muller, a extensión da educación media, etc.

Economía Sumerxida: aquelas actividades que xeran actividade económica pero que non son tidas en conta no cálculo de PIB ou RN xa que son actividades ilegais (tráfico de drogas, prostitución) ou que non se declaran ao Estado co obxectivo de non pagar impostos ou contribucións á Seguridade Social.

indice unidade didáctica