UNIDADE 6 - INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA |
2 - POLÍTICA ECONÓMICA. INSTRUMENTOS
Cando falamos de política económica referímonos a toda actuación desenvolvida polo Estado en relación á actividade económica. Para conseguir os seus obxectivos o Estado desenvolve diferentes políticas a curto prazo e a longo prazo.
As políticas desenvolvidas a curto prazo permiten unha intervención rápida na economía, son as políticas coxunturais. Nosoutros nesta unidade trataremos a política fiscal e noutras posteriores trataremos a monetaria e outras.
As políticas desenvolvidas a longo prazo son as denominadas políticas estructurais.
Políticas coxunturais: aquelas que se establecen a curto prazo tratando de garantir unha estabilidade na actividade económica.
As máis importantes son as seguintes:
- Política fiscal: a través do aumento ou diminución do gasto público e dos impostos.
- Política monetaria: aumentando ou diminuíndo a liquidez ou variando os tipos de interese.
- Outras políticas: política exterior (favorecer exportacións, tipos de cambio, …), política de rendas (control de prezos e salarios), etc.
Políticas estruturais: establécense a longo prazo. O seu obxectivo é establecer as condicións necesarias para un crecemento da economía. É dicir, desenvolver a estrutura e capacidade económica do país.
Poderiamos citar:
- Política de insfraestruturas
- Política de privatizacións ou nacionalizacións, etc
Exercicio 2: Políticas estructurais e coxunturais:
Das promesas electorais nas Eleccións Xerais de 2008, indica cales delas pertencen a políticas estruturais ou coxunturais e relaciónaas coas políticas máis concretas citadas cando sexa posible (fiscal, monetaria, exterior, rendas, infraestruturas, privatizacións, …):