UNIDADE 6 - INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA

 

6.3 - OS ORZAMENTOS PÚBLICOS

Para poder desenvolver as súas actividades, o Estado necesita dunha serie de recursos, que consegue principalmente vía impostos (son os ingresos do Estado). Por outra parte, no desenvolvemento destas actividades o Estado gástase estes ingresos en menor ou maior medida.

Para desenvolver a política fiscal, como diciamos utilizamos o gasto publico e os impostos. Pero goberno non pode actuar de forma arbitraria segundo lle pareza, senón que estas medidas deben estar apoiadas por unha maioría dos cidadáns a través das Cámaras Lexislativas, e aprobando os denominados Orzamentos Xerais do Estado.

Os Orzamentos Xerais do Estado (OXE) son unha relación detallada das previsións de gastos do Estado e, en principio, non poden ser sobrepasados; e dos ingresos que vai obter para financiar estes gastos.

PPT: Portal Educación Cívico-Tributaria

 

SABER MÁIS:

Funcionamento dos OXE

 

 

Os Gastos Públicos

É unha relación detallada de todos os gastos en que vai incorrer o Estado nun período dun ano. Para analizar os mesmos utilízanse diversos criterios de clasificación:

Criterio orgánico: intenta contestar á pregunta quen efectúa o gasto?. Clasifícase o gasto por Ministerios e outros organismos dependentes do Estado.

 

Criterio funcional: permítenos coñecer as prioridades que un ou outro goberno dá ao Gasto Público. En que se gasta?

 

Criterio económico: intenta contestar á pregunta Como se gasta? e podemos distinguir entre gastos correntes e gastos de investimento

 

SABER MÁIS

Os Gastos Públicos

 

 

Os ingresos públicos

É unha estimación dos ingresos que vai recibir o Estado. Podemos diferenciar os tributos e outros ingresos.

Respecto aos tributos, estes os diferenciamos en:
• Taxas: pola prestación de servizos públicos por parte da administración, como as taxas universitarias, a recollida de lixos, expedición DNI, …
• Contribucións especiais: pagamentos por parte de determinados cidadáns que se ven directamente beneficiados pola realización dunha obra ou servizo público como a urbanización dunha rúa, iluminación, etc.
• Impostos: cantidades que coactivamente os cidadáns deben entregar ao Estado sen contraprestación directa algunha.

 

Os impostos

Diferenciamos entre impostos directos e indirectos:

 

Impostos directos
Impostos indirectos
que gravan a obtención de renda (ou riqueza) por parte do suxeito pasivo
gravan a renda cando se gasta, e dicir, a manifestación de capacidade económica polo suxeito pasivo

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

Imposto de sociedades

Imposto sobre el Valor Engadido (IVE)

 

Outra clasificación habitual é entre impostos proporcionais e progresivos:

Impostos proporcionais
Impostos progresivos
O tipo impositivo é sempre o mesmo, non varía ainda que varíe a renda do suxeito pasivo. Como por exemplo o IVE. Os impostos indirectos suelen ser proporcionais
O seu tipo impositivo é maior a medida que aumenta a renda sobre a que se aplica. Como o IRPF

 

SABER MÁIS

Ingresos Públicos

 

 

Equilibrio orzamentario

A finais de cada ano elabóranse os OXE, pero dado que a partida dos ingresos é unha estimación e, os gastos en ocasións son maiores ou menores, é moi difícil que coincidan as cantidades e que , polo tanto, exista equilibrio orzamentario. Normalmente hai déficit (en períodos baixos da economía) ou superávit (en ciclos expansivos da economía).

Equilibrio orzamentario
cando coinciden os gastos e os ingresos públicos
Gastos = Ingresos

 

Superávit orzamentario
os ingresos son superiores aos gastos
Gastos < Ingresos

 

Déficit orzamentario
os gastos son superiores aos ingresos
Gastos > Ingresos

 

Distinguimos o déficit cíclico e o estrutural:
- Déficit cíclico: débese a factores coxunturais (a curto prazo) que provocan unha diminución da actividade económica e, o Estado, para compensar aumenta os seus gastos por riba dos ingresos.
- Déficit estrutural: débese a factores estruturais (moito máis profundos e a longo prazo) que provoca continuos défices, incluso cando a economía mellora.

Para financiar os défices, o Estado emite Débeda Pública, que non é outra cousa que a petición de diñeiro ás familias ou outros axentes económicos, que será devolta no prazo establecido.

VIDEO: Superavit orzamentario

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina