Funcionamento dos OXE

 

1. Elaboración. É competencia do poder executivo representado no goberno.

2. Discusión e aprobación. É unha competencia do poder lexislativo (Congreso e Senado).

3. Publicación. A información dos OXE aos cidadáns realízase mediante a publicación no Boletín Oficial Del Estado (BOE).

4. Execución. Efectúanse as medidas de ingresos e gastos aprobados nos orzamentos xerais polos organismos participantes, basicamente a través dos diferentes Ministerios

5. Control: É competencia do poder xudicial, e consiste na comprobación da correcta actuación no cumprimento dos obxectivos da lei.

 

 

Os Gastos Públicos

É unha relación detallada de todos os gastos en que vai incorrer o Estado nun período dun ano. Para analizar os mesmos utilízanse diversos criterios de clasificación:

A) Criterio orgánico: intenta contestar á pregunta quen efectúa o gasto?. Clasifícase o gasto por Ministerios e outros organismos dependentes do Estado.

 

B) Criterio funcional: permítenos coñecer as prioridades que un ou outro goberno dá ao Gasto Público. En que se gasta?

- Gastos de administraci ón xeral: os que permiten desenvolver as actividades básicas do Estado (xustiza, defensa, seguridade, administración xeral,…)
- Gastos sociais: co obxectivo de redistribuír a renda (pensións, prestacións sociais, sanidade, educación, vivenda, desemprego)
- Actividades produtivas: diñeiro destinado polo Estado para fomentar determinados sectores económicos, infraestruturas, etc.
- Transferencias territoriais: pon de manifesto o financiamento das diferentes CCAA polo Estado, así como o efecto de redistribución territorial da renda.
- Financeiros: xuros da débeda pública.

 

C) Criterio económico: intenta contestar á pregunta Como se gasta? e podemos distinguir entre gastos correntes e gastos de investimento:

 

Os ingresos públicos

É unha estimación dos ingresos que vai recibir o Estado. Podemos diferenciar os tributos e outros ingresos.

Dentro da partida doutros ingresos atopámonos con transferencias correntes (entre diferentes administracións públicas), rendementos patrimoniais (de empresas estatais), transferencias de capital (fundamentalmente da UE), alleamento de investimentos reais (privatización empresas) que non son periódicas e outras operacións financeiras (débeda pública) que tamén pode variar bastante dun ano a outro.

Respecto aos tributos, estes os diferenciamos en:
• Taxas: pola prestación de servizos públicos por parte da administración, como as taxas universitarias, a recollida de lixos, expedición DNI, …
• Contribucións especiais: pagamentos por parte de determinados cidadáns que se ven directamente beneficiados pola realización dunha obra ou servizo público como a urbanización dunha rúa, iluminación, etc.
• Impostos: cantidades que coactivamente os cidadáns deben entregar ao Estado sen contraprestación directa algunha.

 

Os impostos

Diferenciamos entre impostos directos e indirectos:

• Impostos directos: que gravan a obtención de renda (ou riqueza) por parte do suxeito pasivo. Exemplos:
- Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)
- Imposto de sociedades
- Imposto sobre o patrimonio
- Imposto sobre sucesións e doazóns
- Imposto de Actividades Económicas (IAE)
- Imposto de Bens Inmobles (IBI)

• Impostos indirectos: gravan a renda cando se gasta, é dicir, a manifestación de capacidade económica polo suxeito pasivo.
- Imposto sobre o Valor Engadido (IVE)
- Imposto sobre transmisións patrimoniais (ITPAJD)
- Impostos especiais: alcohol, tabaco, carburantes, …

Outra clasificación habitual é entre impostos proporcionais e progresivos:

• Impostos proporcionais: o tipo impositivo é sempre o mesmo, non varía aínda que varíe a renda do suxeito pasivo. Como por exemplo o IVE. Os impostos indirectos adoitan ser proporcionais.

• Impostos progresivos: o seu tipo impositivo é maior a medida que aumenta a renda sobre a que se aplica. Como o IRPF

PPT: O consumo público e a demanda agregada

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina