UNIDADE 7 - DIÑEIRO E INFLACIÓN

 

7.1 - O DIÑEIRO: ORIXE E EVOLUCIÓN

Video: Clip de El Concursante

Imaxinémos a gran cantidade de problemas que se lles expoñían aos membros das sociedades primitivas que carecían de diñeiro e tiñan que utilizar o sistema do troco. Un cazador que desexa adquirir un cámara de barro diríxese ao taller dun oleiro. Só pode pagarlle cos produtos do seu traballo, a saber, coas peles ou coa carne dos animais capturados, polo que camiña agobiado polo peso das mercancías que ofrece. Se o oleiro non necesita peles nin carne, se non se produce a coincidencia simultánea de necesidades recíprocas non será posible o intercambio. O oleiro, aínda que de momento non necesita dos produtos do cazador, se mostra disposto a aceptar algún para conservalo para futuros intercambios, pero para iso non serve a carne que sufriría perda rápida do seu valor. Aceptaría polo tanto unha pel, pero o cazador pode considerar que non hai coincidencia de valores das mercancías a intercambiar. A pel dun animal é indivisible, perdería valor se lla fraccionase, polo que non serve para adquirir minucias. (www.eumed.net/cursecon).

Nas sociedades primitivas, o intercambio de bens e servizos producíase a través do troco. O problema do troco era que esixía unha dobre coincidencia de intereses.

Se o cazador e o oleiro tivesen unha mercancía común de intercambio, non habería problema. É entón cando se poñen de acordo para utilizar, como medio de pagamento, determinadas mercancías.

 

Que características debe cumprir unha mercancía para que sirva como medio de pagamento para realizar intercambios?

 

A mercancía debía ser facilmente transportable, duradeira, divisíbel, homoxénea, ter valor por si mesma e ser xeralmente aceptada. As mercancías adoptadas foron, entre outras: cereais, sal (de onde vén a palabra salario), etc. É o chamado diñeiro mercancía.

Diñeiro mercancía

 

Exercicio 1:
a) Explica en que medida cumpre estas características os animais capturados polo cazador do exemplo para ser utilizados como medio de pagamento.
b) Explica cales cumpre e cales non, as seguintes mercancías utilizadas ao longo da historia como diñeiro mercancía:
- cereais
- sal (de onde vén a palabra salario)
- cigarros nos campos de concentración durante a 2ª Guerra Mundial
- camellos

Os bens que mellor se adaptaban ás características citadas, eran os metais preciosos e pronto empezaron a utilizarse como o medio de pagamento máis habitual, utilizando o ouro, prata, bronce, etc.

Antes da Idade Media, o comercio estaba moi desenvolvido pero o problema era que para poder realizar o intercambio, as persoas tiñan que realizar desprazamentos con grandes cantidades de diñeiro (diñeiro-mercancía), e se expoñía a ser asaltados nos camiños (pensemos na inseguridade daquela época).

Diñeiro papel

Diñeiro papel: a partir da Idade Media, por motivos de seguridade, as persoas depositaban o ouro que dispoñían para o intercambio en casas de ourives que ofrecían confianza e, a cambio, estes dábanlle uns certificados acreditativos do depósito. É a aparición do diñeiro papel.

A partir do s.XVII empezaron a aparecer os bancos que eran os que acuñaban os billetes en función do ouro que dispoñían nas súas arcas e, posteriormente esta función é asumida polos bancos centrais de cada país.

Diñeiro fiduciario

 

Diñeiro fiduciario: na actualidade o valor do diñeiro non depende da súa equivalencia en ouro, non aceptamos o diñeiro polo valor que representa senón pola confianza que se ten de que vai ser aceptado como medio de pagamento. Todos os axentes da economía acéptano como diñeiro e iso determina o seu emprego xeneralizado.



Outros tipos de diñeiro son a letra de cambio, obriga de pagamento e cheque; as contas correntes, de aforro; as tarxetas de crédito, etc.

TROCO – DIÑEIRO MERCANCÍA – DIÑEIRO PAPEL – DIÑEIRO FIDUCIARIO

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina