EXERCICIOS COMERCIO INTERNACIONAL
1. Supoñamos que en España a produción de tomates costa 0,50 €/k. Neste custo están incluídos factores como o prezo da terra, salarios de traballadores, etc. Tamén supoñemos que en Marrocos o custo da produción deste mesmo quilo de tomates é de 0,30 €/k. Contesta ás seguintes cuestións:
a) A quen comprarían os distribuidores de tomates españois e europeos?
b) Deberíase permitir a libre entrada de tomates de Marrocos á UE?
c) Que medidas proteccionistas poderíanse tomar desde a UE para limitar esta competencia?
d) Que medidas se poderían tomar para axudar aos agricultores españois?
2. Supoñamos que EEUU quere fomentar a produción de biodiésel e para iso subvencionan con 0,20 céntimos/litro. Con esta subvención, e sobre todo desde a caída do $, o prezo de produción do biodiésel en España é máis caro, prexudicando ao sector nacional.
a) Que debería facerse en España/UE?
b) Como pode axudar aos produtores españois?
c) Como chamarías á medida tomada por EEUU?
d) E desde o punto de vista español?
VIDEO: Proceso de fabricación de biodiesel
3. Despois de consultar diferentes webs de venda de ordenadores portátiles, atopas un en EEUU por un importe de 500$. Ao consultar as posibilidades de compra decátasche de que ten uns gastos de envío de 30$, un arancel ad-valorem do 5% e deberás pagar o IVE por un 16%. Calcula o custo do portátil en euros. (1€=1,50$).