UNIDADE 11 - ECONOMÍA DE GALICIA

 

 

11.6 - OS SERVIZOS

Os diferentes servizos supoñen unha contribución dun 61,77% do VAB e un 63,91% do emprego.

Se examinamos os subsectores que o compoñen:

A) Comercio en xeral: supón aproximadamente un 12% do VAB e un 15% do emprego.

Este subsector está composto por numerosas empresas de tamaño reducido, salientando as grandes empresas de distribución galegas como Gadisa e Froiz, e outras grandes superficies como Alcampo, Carrefour ou El Corte Inglés.

 

B) Hostalería: con perto dun 6% do VAB e un 5% do emprego.

Dispón dunha infraestrutura importante, aínda que en menor medida que no caso español, o turismo é maioritariamente de orixe español, coa súa entrada preferentemente por estrada (de aí a importancia das comunicacións), cunha estancia media de pernoitas reducida.

Pregunta: en Galicia cobra especial importancia a oferta non regrada, como son as segundas vivendas ou aluguer de apartamentos, e a maior parte delas orientadas ao turismo de Sol e Praia. Cres que é a mellor orientación turística para Galicia?¿Cales poderían ser outras orientacións?. Pon exemplos de posibles actividades que poidan desestacionalizar o turismo en Galicia.

 

C) Transporte, almacenamento e comunicacións: con ao redor dun 6% do VAB e máis dun 4% do emprego.

Dentro do sector do transporte, a maior importancia en transporte de viaxeiros é por estrada, derivado da demora nas comunicacións por ferrocarril e a escasa oferta do aéreo (en parte aumentada nos últimos anos ao operar en Galicia as compañías de baixo custo). No transporte de mercancías salienta o tráfico marítimo,

 

D) Intermediación financeira: con perto dun 4% do VAB e un 2% de emprego.

Salientan as caixas galegas (Caixa Galicia e Caixanova), e os Bancos inicialmente galegos como o Banco Pastor, Banco Galego e Banco de Galicia.

Son moitas outras as entidades financeiras que operan en Galicia, salientamos pola súa importancia o BSCH, BBVA, La Caixa e Caja Madrid, que son as máis importantes tamén a nivel español.

 

E) Actividades inmobiliarias, de aluguer e servizos a empresas: cun VAB do 14% e un emprego do 5,84%.

A importancia destas actividades está moi relacionada co “bóom inmobiliario” e a crecente tendencia das empresas a exteriorizar servizos.

 

F) Outros Servizos: respecto ao resto de servizos prestados en Galicia, unha boa parte deles son ofrecidos pola administración pública. Son servizos como os da administración Pública, defensa e Seguridade Social obrigatoria, Educación e Actividades sanitarias, servizos sociais, etc.

- Administración Pública, defensa e Seguridade Social obrigatoria: cun 6% do VAB e un 7% do emprego.
- Educación: cun 6% do VAB e un 5% do emprego.
- Actividades sanitarias e veterinarias, servizos sociais: cun 5% do VAB e algo máis dun 4% de emprego.

Estas anteriores actividades son ofrecidas maioritariamente polo Estado, constituíndo unha importante achega ao PIB. Nos informes realizados polos institutos estatísticos normalmente destácase esta información no epígrafe “Servizos de non mercado”, supoñendo para o 2007 en Galicia un 12,25% do VAB e un 20,75% do emprego.

 

G) Actividades dos fogares como empleadores de persoal doméstico: destacar finalmente a importancia, especialmente en termos de emprego que supón este subsector, xa que supón ao redor dun 6% do emprego, aínda que soamente algo máis que un 1% do VAB.

 

ACTIVIDADE: Busca artigos de prensa que poñan de manifesto a actualidade dos diferentes servizos ofrecidos en Galicia.

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina