UNIDADE 12 - DESEQUILIBRIOS ECONÓMICOS ACTUAIS

 

 

12.3 - CONSIDERACIÓN ECONÓMICA DO MEDIO AMBIENTE

 

VÍDEO: ANUNCIOS DE MEDIO AMBIENTE (CANAL+)

O crecemento económico mundial é cuestionado polo seu modelo de desenvolvemento, consumindo recursos naturais por riba das posibilidades de recuperación e polo tanto un desenvolvemento non sostíbel no tempo. Un uso excesivo dos recursos non renovables (como o petróleo) e dos renovables por riba da súa capacidade de recuperación.

Nos últimos tempos aparecen continuamente nos medios de comunicación conceptos como o desenvolvemento sostible, enerxías verdes, enerxías renovables, quecemento global, efecto invernadoiro, desertización, pegada ecolóxica, etc.

Os problemas ambientais principais son o efecto invernadoiro, a destrución da capa de ozono, choiva aceda, perda da biodiversidade, deforestación e desertización, contaminación, desxeo das zonas polares, etc.

Como consecuencia se di que na terra se está producindo un quecemento global ou cambio climático e un desenvolvemento non sostíbel.

Organismos internacionais como o PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) ou o IPCC (Panel Internacional para o Cambio Climático) alertan sobre estes problemas.

Producíronse numerosas reunións internacionais para tratar estes temas, como O Primeiro Informe do Club de Roma, a Conferencia de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente, Informe Global 200, Informe Brundtlant, Cume de Rio de Janeiro ou o Cume de Kyoto.

Desde o punto de vista económico fálase do concepto de que “quen contamina paga”, é dicir, se unha determinada actividade económica xera externalidades negativas, estas deben ser sufragadas polo que as provoca.

En todo caso, non nos debemos conformar coa aplicación deste principio senón que se deben reducir os efectos negativos que a actividade económica ten sobre o medio ambiente, independentemente de que o que os provoque poida pagar un prezo, que por outra parte é moi difícil de calcular.

Para iso, reclámase un compromiso internacional para reducir as emisións contaminantes, favorecendo sobre todo a utilización de enerxías renovables e a investigación para atopar outras fontes de enerxía.


VÍDEO: Informe semanal: Cambio Climático

Preguntas:
1. Como afectará segundo Al Gore o cambio climático a España?
2. Que oportunidades ten España neste sentido?
3. Cal é a pegada ecolóxica de España?
4. Quen integra o IPCC?
5. Cal é o diagnóstico deste panel?
6. Segundo Bianca Jagger, Presidenta da Fundación polo Futuro do Mundo, Cantos nenos se verán afectados polo cambio climático?¿En que países?
7. En canto estiman os científicos a suba do mar neste século?
8. Segundo Alastair Fothergill, ¿cantos planetas necesitariamos se todos os cidadáns do mundo vivísemos como un cidadán medio de EEUU?


VÍDEO: INFORME DO CAMBIO CLIMÁTICO: NOTICIAS CUATRO

Preguntas:
1. Quen é o responsable do cambio climático?
2. Cales son os países emerxentes que non queren ver freado o seu desenvolvemento a cambio de contaminar menos?
3. Cal é a estimación da suba de temperatura por parte dos expertos?
4. Cales son os gases de efecto invernadoiro (en gráficos)?
5. En que países subiu máis a temperatura?
6. Cal é a denuncia de Le Monde?
7. Canto di The Guardian que a AEI ofrece a economistas e científicos para cuestionar o Informe sobre o Cambio Climático?
8. Quen di Greenpeace que financia a AEI?
9. En que medida é maior a contaminación de EEUU sobre un país asiático?
10. Que contía poden acadar as perdas económicas polo cambio climático segundo un informe do Goberno Británico, en termos de PIB mundial?
11. Cal sería o custo de reducir estes efectos para EEUU, UE e China?


VÍDEO: QUECEMENTO GLOBAL: DOCUMENTAL

Preguntas:
1. Por que aumentan os gases de efecto invernadoiro?
2. ¿Cantas toneladas de dióxido de carbono emiten as plantas a base de carbón para xerar electricidade?¿E os automóbiles?
3. Cales son as consecuencias que se citan do quecemento global?
4. Que nos propón para axudar ao planeta?


VÍDEO: Anuncio: O total é o que conta (MMA)
Pregunta:
1. Cantos millóns de litros de auga se desperdician cada día en consumo urbano?


OUTROS VÍDEOS: Algúns dos anuncios que fan determinadas compañías eléctricas, que adoitan ser as compañías máis contaminantes:
- IBERDROLA: Fixémolo ben
- NOVA CAMPAÑA ENDESA: Fillos
- REPSOL YPF: Inventemos o futuro


ANUNCIOS ACCIONA:
- Sostenibilidade dos recursos enerxéticos
- Sostenibilidade (2ª fase)


ACTIVIDADE: Proposta de facer un vídeo para subir a Youtube do estilo do seguinte, con calquera dos temas tratados nesta unidade:
VÍDEO: Medio Ambiente.


VÍDEO(Outra visión): LDTV:

Debates en Liberdade: O cambio climático e a enerxía nuclear (1ª parte) - - - - - - - - - - - - - - -(2ª parte). Non o veremos en clase.

 

OUTRO VIDEO: En clave de humor: El Intermedio: Calentamento Global

 

 

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina