UNIDADE 12 - DESEQUILIBRIOS ECONÓMICOS ACTUAIS

 

 

12.4 - OS MODELOS DE CONSUMO E CONSECUENCIAS

Consumismo é un termo que se utiliza para describir os efectos de igualar a felicidade persoal á compra de bens e servizos ou ao consumo en xeral. O caso é exemplificado pola frase “Canto máis consumo, máis feliz son”. Tamén se refire ao consumo desmedido de bens e servizos na sociedade contemporánea que impacta seriamente nos recursos naturais e o equilibrio ecolóxico.

Etimoloxía: a palabra consumismo provén do latín: “consumere” que significa gastar ou destruír.
FONTE: www.wikipedia.org


LIGAZÓN: a neoteo sobre consumismo


VÍDEO: DOCUMENTOS TV: CONSUMIDOS


Preguntas:
1. Mentres a metade do mundo se morre de fame, a outra metade ten unha epidemia de obesidade. Cal é a porcentaxe de obesos en España?¿E de sobrepeso?¿Cantos millóns supón?
2. Cal é o principal problema en España de saúde pública infantil?
3. Cal é a terceira doenza crónica máis frecuente de nenas adolescentes?
4. Canto tempo dedica de media a sociedade de consumo ao traballo diario, sono, transporte, televisión e compras?¿Cal é a media de anuncios mensuais na TV?
5. Cantos consumidores acoden cada sábado aos centros comerciais?
6. Hai moitos consumidores que cando acoden ao centro comercial non saben que queren comprar, pero van comprar, en que porcentaxe?
7. Un de cada tres europeos é adicto ás compras, en que porcentaxe esta adicción converteuse nunha doenza?
8. Un cidadán medio español ten as súas necesidades básicas cubertas pero, Cantos fogares teñen dificultades para chegar a fin de mes?
9. Por canto incrementouse a anorexia e a bulimia nos últimos 10 anos?
10. Cal é o obxectivo que perseguen as mozas con problemas de anorexia que aparecen no documental?
11. En que porcentaxe aumentou o gasto mundial en publicidade nos últimos 50 anos?
12. En calquera supermercado hai máis de 20.000 produtos e cada ano chegan aos estantes 10.000 produtos novos. Podemos elixir entre: ____ tipos de salsas, 109 variedades de leite, _____ clases de cereais, 224 tipos de zumes, _____ produtos diferentes para a limpeza do fogar, 47 clases de auga embotellada, ______ variedades de galletas.
13. Cantos falecementos prematuros causa cada ano a obesidade en España?
14. Cal é a terceira operación estética máis demandada en España?
15. Cales son os padecementos da sociedade de consumo en comparanza co resto dos habitantes do planeta?
16. Mentres que o 20% da poboación consume o _____% da riqueza do planeta, 1.100 millóns de persoas viven con ___€ ao día.


FRASES PARA COMENTAR:
1. Ser boa persoa non se pode medir, non hai un baremo pero co peso está a báscula, vas perdendo quilos e cres que vas mellorando (véndenche iso).
2. “Na tele anuncian produtos adelgazantes e te vas poñendo mellor e cada vez pos o listón máis alto, ata que chega o momento que non podes máis: esgótasche, sempre tes frío, o pelo non te medra como antes e xa non tes ganas de nada e todo te dá igual.”
3. O vello aínda que funcione xa non serve.
4. Triunfar na sociedade de consumo é a obriga dos seus cidadáns, o diñeiro e o estatus social son as unidades polas que se miden os seus logros, a riqueza e a beleza os seus acenos de identidade.
5. Explotan a envexa e as comparacións sociais.
6. Cun envoltorio novo e sorprendente os bens e servizos teñen que responder a soños, anhelos e fantasías, a iso chámaselle valor engadido:
- Champús que ademais de tirar a caspa relaxan
- Deterxentes para a roupa que provocan todo tipo de sensacións
- Maquinillas de afeitar femininas con suscripcións a revistas de investimentos bolsistas
- Axentes peritratantes con microfibras extraflexibles e osíxeno activo, todo clinicamente testado
- Cafés sen cafeina
- Cervexa sen alcohol
- Doces sen azucre
7. Un neno español ve unha media de 2:30 horas de TV diarias, ao acabar os seus estudos de secundaria terase pasado o dobre de horas diante da tele que en clase.
8. O aumento do consumo nos últimos 30 anos: auga por tres, combustibles fósiles por 5, emisións de gases efecto invernadoiro por 4. O planeta non pode soportar semellante carga. Ver concepto “pegada ecolóxica”.
9. É necesario implementar medidas de redistribución do consumo, é dicir, os países ricos que reduzan o seu consumo para que os pobres poidan consumir máis.


VÍDEO: Consumismo (En portugués)


ACTIVIDADE: Entra na web http://myfootprint.org e cobre o cuestionario sobre a túa pegada ecolóxica.



RESPONDE AS SEGUINTES CUESTIÓNS:
1. Cales son as causas do consumismo?
2. Indica os tipos de adiccións ou problemas relacionados co consumismo que se te ocorran.
3. Explica as consecuencias do consumismo.
4. Reflexiona e fai unha relación de consumos que cres que realizas por riba das túas necesidades.
5. Como podemos facer para non caer no consumismo?
6. Os países desenvolvidos quizais poidan soportar o consumismo, sobre todo a custa de consumir recursos dos máis pobres, pero ¿Que consecuencias teñen sobre os países menos desenvolvidos?
7. Podemos seguir indefinidamente co nivel de consumo actual?¿Que medidas se deberían implementar para contribuír a un desenvolvemento sostible?
8. Outras preguntas:
a) As chamadas que fas co móbil son as necesarias?
b) Cambiaches ultimamente o móbil?¿Por que?
c) Apagas as luces das habitacións cando non estás nelas?
d) Deixas o televisor aceso aínda que non o esteas vendo?
e) Está o teu ordenador aceso cando non o utilizas?
f) Utilizas as follas de papel polos dous lados?
g) Cantos boligrafos/rotuladores/lápices tes a medio usar?
h) ¿Cuánta roupa tes da que xa te cansaches e sentes a necesidade de comprarche outra nova?
i) Cando te duchas, tes todo o tempo o auga aberta?
j) ¿Reciclas?¿Que reciclas?
k) Reempregas as bolsas de plástico?
l) Cantos envases de auga, leite, latas e outros produtos tiras ao día?
m) Abres as fiestras cando está a calefacción acendida?

Páxina anterior
indice unidade didáctica
próxima páxina