Cine
Principal Arriba Publicidade Cine Enlaces Lecturas

 

COMO SE PODE UTILIZAR O CINE NA AULA?

 
bullet

García Borrás, F.G. (2009): Bienvenido mister cine a la enseñanza de las Ciencias. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, 6(1), pp. 79-91.

bullet

Guerra Retamosa, C. (2004): Laboratorios y batas blancas en el cine. Revista Eureka sobre Enseñanza y Divulgación de las Ciencias, Vol. 1, Nº 1, pp. 52-63.

bullet

ASECIC.Asociación Española de Cine e Imagen científicos

bullet

Cine e ciencia

bullet

A película Angeles y demonios e a bomba antimateria.

bullet

Películas para as Ciencias para o Mundo Contemporáneo. Blog Climántica

bullet

As cen mellores películas de Medio Ambiente

bullet

Martínez-Salanova Sánchez, E. Cine y Medio Ambiente

 

 
 
 

 

Contact. Director Robert Zemeckis. Ano:1997

Ciencia ficción.Duración 150 min

Recomendada en Bernal Martínez et al (2008): Ciencias para el Mundo contemporáneo. Aproximaciones didácticas. Madrid: Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)

En: http://www.fecyt.es/fecyt/docs/tmp/908170205.pdf

 

 

 O sono espacial estivo presente no cine en múltiples ocasións. Georges Méliès en 1902 coa película "Le voyage dans la lune" foi un dos primeros directores en rodar sobre este tema. Outros títulos son: Una mujer en la luna (1929). Dirixida por Fritz Lang, 2001. Odisea del espacio (1968) do director Stantley Kubrick, Apolo 13 (1995) do director Ron Howard e Moon (2009). dirixida por Duncan Jones


 

 
 

 

La Creación. Director Jon Amiel Ano:2009

Histórica. Duración 108 min

 

Pelicula biografica sobre o naturalista inglés Charles Darwin e o nacemento da súa revolucionaria teoría do orígen das especies.

 

 

 

 

 

 

El sonido del trueno. Director Peter Hyams. Ano:2005

 Ciencia-ficción Alemania - USA Duración: 103 minutos

Esta película esta baseada nun conto escrito por Ray Bradbury titulado O ruído dun trono. Nel, uns cazadores viaxan no tempo ata chegar á prehistoria e sen darse conta matan a un insecto. En consecuencia e debido a iso, cando volven ao presente danse conta que o mundo en que se atopan é totalmente diferente ao que coñecían nun principio. Ese insecto era unha bolboreta, cuxa morte provocaría un efecto en cadea de dimensións inconmensurables. Este conto é un caso de efecto bolboreta.

 

 

 

En el filo de la duda. Director:Roger Spottiswoode. Ano:1993

Drama. Duración 140 minutos.

Esta película sobre a aparición da SIDA nos Estados Unidos, a través do retrato da loita duns poucos, por unha causa que incumbe a todos. A batalla dos pioneiros contra a sociedade e a burocracia por atopar unha cura á "praga do século XX". Na película “No fío da dúbida”, podemos ver como un dos investigadores dedícase a comprobar a hipótese que emitiu: a SIDA é unha enfermidade de transmisión sexual, vainos a permitir ver como se verifica unha hipótese partindo da toma de datos, a análise dos mesmos, a comunicación dos resultados e como as conclusións evidentes que se derivan da investigación non son tan sinxelas de aplicar, xa que ven influídas por distintos condicionantes. Permite ademais unha certa reflexión sobre a verificación das teorías. Aínda que esta película e do ano 1993 atópase de rabiosa actualidade ó outorgarselle o Nobel de Medicina 2008 aos descubridores da SIDA.

 

 

 Una verdad incómoda. Director: Davis Guggenheim. Ano: 2006

            Documental. Duración 90 minutos.

 Pode verse o documental na páxina: http://www.tu.tv/videos/una-verdad-incomoda-2006-documental

 Una verdad "incomoda"... que es preciso difundir y frente a la que hay que actuar urgentemente
Rev. Eureka. Enseñ. Divul. Cien., 2007, 4(2), pp. 341-342 Educadores por la Sostenibilidad

http://www.apac-eureka.org/revista/Volumen4/Numero_4_2/Una_verdad_inc%F3moda.pdf

 

 

El día de mañana. Director Roland Emmerich. Ano: 2004

 Ciencia-Ficción. Duración 124 minutos

As investigacións levadas a cabo polo climatólogo Jack Hall indican que o quentamento global do planeta podería desencadear un repentino e catastrófico cambio climático na Terra. As perforacións realizadas na Antártida mostran que é algo que xa ocorreu fai dez mil anos e agora podería ocorrer de novo se non se adoptan medidas de forma inmediata. Pero as súas advertencias chegan demasiado tarde.

 

 

 

La última hora. Director Leonardo Dicaprio. Ano: 2007

Documental. Duración 95 minutos

Neste documental móstrase o estado actual do ecosistema en todo o planeta, e abrigo algunhas alternativas prácticas para restaurar o seu equilibrio. A película ten como narrador e produtor a Leonardo DiCaprio. Interveñen no documental grandes pensadores e activistas como o líder soviético Mikhail Gorbachev, o físico Stephen Hawking, a Premio Nobel da Paz Wangari Maathai, o ambientalista David Suzuki, entre outros.

 

 

Tierra. Director: Marck Linfield e Alastair Fothergillt. Ano: 2007

 Cine Documental. Duración 98 minutos

Móstrase sen efectos artificiais o "espectáculo da natureza". 'Terra' é unha longa viaxe que segue o rastro do sol, desde o Polo Norte ata a Antártida. Narra os avatares de tres nais e as súas crías: unha familia de osos polares, unha elefanta e o seu cachorro e unha balea e a súa cría. Esta película nos fai pensar no que nos podemos perder se seguimos co consumo irracional dos recursos.

 

 

Los últimos días del eden. Director: John. Mc Tiernan Ano: 1992

 Cine de aventuras, drama, natureza. Documental. Duración 104 minutos

No máis profundo da selva tropical do Amazonas, o investigador Robert Campbell vive e traballa tratando de encontrar un remedio contra o cancro. A investigadora Rae Crane chega a casa-laboratorio de Robert, onde vive rodeado por unha tribo de indíxenas. As diferencias na forma de traballar dos dous científicos son evidentes. A destrución da selva para facer unha estrada fai que o doutor Campbell non logre rematar a súa busca.

 

 

 

 

Gattaca. Director: Andrew Nicol. Ano: 1997

Cine Ciencia-Ficción. Duración 112 minutos

Trátase dunha película que expón as poibles consecuencias dunha manipulación xenética humana, levada aos seus extremos. Aínda que, como todos os films clásicos de ciencia-ficción, opta por unha visión catastrofista do desenvolvemento, parécenos unha película moi suxestiva pola cantidade de temas que expón e os matices que introduce neles.

 Na seguinte páxina web pódese atopar propostas didácticas sobre a película: http://www.auladecine.com/recursos/gattaca.pdf

O uso da información xenética para curar ou para marxinar? Os novos desafíos da bioética

 

 

Los niños del Brasil. Director: Franklin J. Schaffner. Ano: 1978

Thriller . Duración 112 minutos

 

Na película, Josef Mengele realiza a clonación de 94 copias de Adolf Hitler e intenta que cada un dos nenos teña as mesmas experiencias na infancia que Hitler, para recrear a súa personalidade. O seu obxectivo e crear un novo Hitler e restablecer un réxime nazi. A película relata os intentos dun ancián cazador de nazis, Erza Lieberman, por descubrir e frustrar o plan de Mengele.

  

 

El jardinero fiel. Director: Fernando Meirelles. Ano: 2005

Drama.Thriller . Duración 112 minutos

Cando Justin Quayle, diplomático británico en Nairobi, decátase de que a súa muller Tessa, foi violada e asasinada, comeza a súa propia investigación. Descobre unha trama internacional de corrupción, burocracia e accións lucrativas da Industria farmacéutica.

Facendo caso omiso da advertencias, ameazas e malleiras, Justin descobre que Tessa destapara unha gran compañía farmacéutica que distribuía medicamentos contra a tuberculose, en previsión dunha epidemia masiva a escala mundial, que queren afrontar desde unha posición privilexiada. Pero esta droga tiña importantes efectos secundarios que intentaron ocultar enterrando os cadáveres das vítimas en fosas comúns.
 

  Ficha didáctica da película en http://www.edualter.org/material/cinemad3/jardinero.htm

Cuesta Jimenez,J.L. (2006): El jardinero fiel o el desarrollo de nuevas medicinas. Rev Medicina Cine 2, 96-1001 en:http://www.usal.es/~revistamedicinacine/Volumen_2_1/n3/esp_3_pdf/eljardinero.pdf

 

 

Home. Director Yann-Arthus Bertrand. Ano: 2009

Documental. Duración 90 minutos

 

Película que recolle a historia e degradación da Terra en décadas recentes. Home é o primeiro filme estreado simultaneamente en salas de cine, televisión, internet e DVD.

 

 

Cenizas del cielo. Director José Antonio Quirós. Ano 2008

Drama. Duración 96 minutos

 

Ferguson, un escocés aventureiro, escritor de guías turísticas, visita o norte de España para completar a súa última publicación. A autocaravana que conduce déixao tirado baixo as chemineas dunha central térmica. Vese obrigado a permanecer alí e comeza unha peculiar amizade con Federico, un home de campo que cre que o compromiso de Kyoto vai pechar a térmica que contamina o val. Aos poucos, Ferguson verase inmerso no compromiso de apoiar a Federico na súa loita contra a central térmica. Ninguén sabe quen sairá vitorioso... alguén poderá vencer ao Progreso?