A multiplexación
De Wiki do Pazo da Mercé
A multiplexación é unha técnica utilizada en comunicacións pola que se fai convivir nunha canle sinais procedentes emisores distintos e con destino nun conxunto de receptores tamén diferentes. Dicimos entón que varias canles lóxicas comparten unha única canle física. Para repartir a canle física entre as distintas canles lóxicas podemos utilizar distintas técnicas:
- Multiplexación no tempo (TDM): As canles lóxicas asígnanse repartindo o uso da canle física entre os dispositivos emisores establecendo ranuras temporais. Así, cada un utiliza o tempo que ten asignado, debendo esperar á súa seguinte ranura para volver a transmitir se o precisa. Estas anacos repítense periódicamente ó longo do tempo. En cada ranura de tempo unha comunicación ocupa todo o ancho de banda da canle.
- Multiplexación en frecuencia (FDM): A cada canle lóxica se lle asigna unha banda de frecuencia que utilizará para a transmisión do seu sinal. Todo os dispositivos poden transmitir ao mesmo tempo, pero cada canle lóxica terá só unha parte do ancho de banda da canle física.
- Técnicas combinadas: As dúas técnicas de multiplexación pódense combinar e utilizar conxuntamente.
- Multiplexación por lonxitude de onda (WDM): Este tipo de multiplexación utilízase co cable de fibra óptica para introducir ao mesmo tempo distintos sinais de luz que teñen distintas lonxitudes de onda.

