A seguridade nas redes sen fíos
De Wiki do Pazo da Mercé
Un dos principais problemas que presentan as redes sen fíos é a posibilidade de que persoas non autorizadas accedan a datos e recursos da nosa rede.
Podemos distinguir dous tipos de problemas cos que nos podemos atopar:
- Que unha persoa espíe os datos que estamos transmitindo pola rede. Para evitalo, podemos utilizar un mecanismo de cifrado, que utilizando un contrasinal poderá evitar que se entenda a información que intercambiamos pola rede. Os métodos de cifrado máis usados nas redes sen fíos son:
- Cifrado WEP: É o método máis antigo, e o máis fácil de romper. Hai programas que poden descubrir a clave dunha rede sen fíos que use cifrado WEP en pouco tempo.
- Cifrado WPA: Un método máis moderno e seguro (sobre todo a segunda versión, WPA2) e é máis difícil de romper. Sen enmbargo, só as tarxetas de rede e puntos de acceso modernos soportan este método.
- Que unha persoa acceda á nosa rede para utilizar os recursos da mesma (utilizar a conexión a Internet, impresoras e carpetas compartidas, etc.): Aínda que usando WEP ou WPA xa solucionamos este problema xa que para poder conectarse á nosa rede será preciso introducir o contrasinal, podemos utilizar un método de autentificación para asegurarnos que só acceden á nosa rede os equipos que etán autorizados. O método máis usado é a autenticación por direccións MAC, que consite en só permitir acceder á rede aos equipos que teñan as direccións MAC que indiquemos no punto de acceso.
