Arranque e parada de servizos en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
¿Que son os servizos?
Os servizos ou demos (do inglés, daemons) son programas que están continuamente en execución no equipo nun segundo plano e que non teñen como finalidade que o usuario os utilice directamente como calquera outro tipo de programa, senón que prestan un servizo a outros programas no equipo ou a outros equipos da rede.
Aínda que o usuario do equipo non ten que ser nin sequera consciente de que estes programas se están executando, son fundamentais para que o sistema funcione correctamente. Os servizos poden xestionar aspectos tan diversos como a cola de impresión, os interfaces de rede ou un servidor web que teñamos instalado no noso equipo.
Arranque e parada de servizos
En xeral, hai unha serie de operacións básicas que nos interesa poder levar a cabo cos servizos que teñamos instalados no equipo: Arrancalos, paralos, reinicialos e comprobar se están ou non activos. Temos varias formas de facelo:
Utilizando a ferramenta da distribución
As distintas distribucións inclúen ferramentas para visualizar os servizos instalados no equipo, que nos ofrecerán a posibilidade de inicialos ou detelos:
|
Administración de servizos en Ubuntu |
Administración de servizos en Mandriva |
Usando o webmin
Tamén podemos arrancar e parar os servizos usando o webmin:
|
Administración de servizos con webmin |
Mediante comandos
Por último, podemos manipular os servizos do sistema mediante unha serie de comandos. Teremos que saber o nome do servizo que queremos manipular (network ou networking, shorewall, webmin, etc.) para poder actuar sobre el. O comando que utilizaremos será:
/etc/init.d/nome_do_servizo opción
Onde a opción pode ser fundamentalmente:
- start: Para iniciar o servizo.
- stop: Para deter o servizo.
- restart: Para reiniciar o servizo.
- status: Para comprobar o estado o servizo (non todos os servizos ofrecen esta opción).
Así, por exemplo, se queremos iniciar o servizo de webmin introduciremos o comando:
/etc/init.d/webmin start
