As pontes ou bridges
De Wiki do Pazo da Mercé
Os primeiros dispositivos existentes para a interconexión a nivel de enlace foron os bridges. Ao igual que un repetidor, un bridge pode unir segmentos dunha LAN. Sen embargo, un bridge pode, ademais, unir segmentos de rede que utilicen diferentes protocolos no nivel de enlace e dividir unha rede para illar o tráfico ou os problemas.
Estes dispositivos realizan as adaptacións necesarias dunha LAN a outra, de forma que poden intercambiar información, salvando os obstáculos de incompatibilidade que as separan.
Para conseguilo, os bridges traballan a nivel de enlace de datos do modelo de referencia OSI.
A diferencia dun repetidor ou un concentrador, as pontes actúan como filtros entre os segmentos de rede, xa que reteñen dentro de cada segmento as tramas que non van destinadas ó outro lado. Os pasos que segue un bridge no seu funcionamento son:
- Escoita todo o tráfico.
- Comproba as direccións orixe e destino de cada paquete.
- Construe unha táboa de encamiñamento: Cando o tráfico pasa a través do bridge, a información sobre as direccións de enlace dos equipos se almacenan na RAM do bridge. O bridge utiliza esta RAM para xenerar unha táboa de encamiñamento en función das direccións de orixe.
- Reenvían paquetes da seguinte forma:
- Se o destino non aparece na táboa de encamiñamento, o bridge reenvía o paquete a todos os segmentos.
- Se o destino aparece na táboa de encamiñamento, o bridge reenvía o paquete ó segmento correspondente (a menos que este segmento sexa tamén o orixe).
Un bridge pode construirse mediante un dispositivo específico e independente (un bridge externo) ou se pode instalar nun servidor. Se o sistema operativo de rede (NOS) o admite, pode instalarse unha ou máis tarxetas de rede (NIC) nun ordenador, xenerando un bridge interno.
