Códigos de Redundancia Cíclica (CRC)

De Wiki do Pazo da Mercé

Os códigos de redundancia cíclica baséanse no tratamento matemático de series de bits como se fosen representacións de polinomios, con coeficientes de valor 0 e 1, unicamente. Emisor e receptor realizan operacións de división sobre estes polinomios, de forma que poden detectar cando se produciu un erro. Os códigos de redundancia cíclica son moi utilizados en distintos protocolos de comunicación.

Os algoritmos dos CRC soen estar implementados no propio hardware dos dispositivos de comunicación (tarxetas de rede, switchs, etc.), o que supón unha maior velocidade a hora de detectar un erro. Os métodos CRC soen detectar tanto erros simples como ráfagas de erros sempre que os polinomios utilizados sexan suficientemente grandes.

Existen tres polinomios xeradores utilizados nos CRC que se converteron en normas internacionais:

CRC-12 = x12 + x11 + x3 + x2 + x1 + 1

CRC-16 = x16 + x15 + x2 + 1

CRC-CCITT = x16 + x12 + x5 + 1

Este último é o mais utilizado, xa que detecta:

  • 100% de erros simples.
  • 100% de erros dobres.
  • 100% de erros dun número impar de bits.
  • 100% de erros en ráfagas de 16 ou menos bits.
  • 99.99% de erros en ráfagas de 18 ou mais bits.
Ferramentas persoais
Crear un libro