Características técnicas das transmisións
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Redes punto a punto e multipunto
- Rede Multipunto (Broadcast): Todas as máquinas comparten unha soa canle de comunicación. Un paquete de datos mandado por algunha máquina é recibido por todas as outras.
- Rede Punto a punto (Point-to-Point): Temos moitas conexións entre pares individuais de máquinas. Os paquetes de unha máquina a outra poden atravesar máquinas intermedias, e entón precísase o ruteo (routing) para dirixilos.
Tranmisións analóxicas e dixitais
- Sinal analóxico: aquel que pode tomar calquera valor dentro dun rango determinado. A potencia do sinal analóxico recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. A calidade depende non só da potencia recibida, senón tamén do ruído que a acompaña. Cando un sinal chega a un repetidor/amplificador este amplifica o sinal, co cal tamén amplifica o ruído que con ela chega.
- Sinal discreto ou dixital: aquel que só toma un número finito de valores dentro dun rango determinado. A potencia do sinal discreto recibido debe estar comprendido entre uns valores máximo e mínimo. Cando un sinal chega a un repetidor este rexenera o sinal orixinal eliminando o ruído. Esta é a gran vantaxe das comunicacións dixitais, xa que son moito máis robustas ante o ruído que sempre aparece na transmisión.
Transmisión en serie e en paralelo
Neste caso distinguiremos dous tipos de secuenciamento dos bits transmitidos.
- Serie: Os bits dunha palabra envíanse consecutivamente un tras outro.
- Paralela: Os bits dunha palabra envíanse por diferentes circuítos/cables.
Aínda que o rendemento da trasmisión en paralelo é maior que o da transmisión en serie, en grandes distancias o seu comportamento empeora polas interferencias que os distintos cables provocan entre sí.
Comunicación símplex, dúplex e semidúplex
Neste caso podemos distinguir entre tres tipos de comunicacións nas redes segundo o fluxo de información entre o emisor e o receptor. As restriccións no sentido da comunicación poden vir dadas tanto polos dispositivos emisores ou receptores como pola propia liña de comunicación.
- Comunicación símplex: Unha comunicación é símplex se están perfectamente definidas as funcións do emisor e receptor e a transmisión de datos sempre se efectúa exclusivamente nun sentido : de emisor a receptor.
Dicimos que neste tipo de comunicación hai unha única canle física e unha única canle lóxica unidirecional.
- Comunicación semidúplex ou half duplex: A comunicación pode ser bidireccional, é dicir, emisor e receptor poderán intercambiar os seus papeis; sen embargo, esta bidirecionalidade non pode ser simultánea. Cando o emisor transmite, o receptor necesariamente recibe; despois, o receptor pode exercer como emisor coa condición de que o antigo emisor pase a ser receptor.
Na comunicación semidúplex hai unha única canle física e unha canle lóxica bidirecional.
- Comunicación dúplex ou full duplex: Na comunicación dúplex a comunicación é bidireccional e ademáis simultánea. O emisor e o receptor non están perfectamente definidos: Ambos ETD actúan como emisor e receptor indistintamente.
Na comunicación dúplex hai unha canle física e dúas lóxicas.
Transmisión síncrona e asíncrona
O sincronismo é o proceso polo que un emisor e un receptor se poñen de acordo sobre o instante preciso no que comeza ou remata unha información que se pon no medio de transmisión. Polo tanto, a sincronización require a definición dunha base de tempos sobre a que medir os distintos eventos que ocorren durante toda a comunicación. Un erro no sincronismo impedirá interpretar correctamente a información a partir dos sinais que viaxan polo medio.
Con respecto a técnica utilizada para conseguir o sincronismo na transmisión, podemos distinguir dous tipos de transmisións:
- Transmisión asíncrona: Unha transmisión é asíncrona cando o proceso de sincronización entre o emisor e o receptor se realiza en cada palabra de código transmitida (unha palabra é conxunto de bits con algún significado, a unidade mínima de comunicación).
Isto se leva a cabo a través duns bits especiais que axudan a definir o contorno de cada código. No seguinte exemplo, podemos ver unha liña cun estado de reposo (1), pola que se transmite unha palabra de 8 bits enmarcada entre un bit de start (0) e un bit de stop (1).
Nesta técnica, o emisor e receptor disparan un reloxo interno cada vez que se envía un bit de start, que marcarán pulsos a unha velocidade determinada previamente e igual nos dous extremos. Gracias a eles, tanto emisor como receptor saberán cando comeza e cando remata o sinal que representa cada bit de información. Cando se envía o bit de stop, estes reloxos se deteñen ata a nova sincronización.
Posto que a sincronía da transmisión se restaura en cada palabra, este sistema é pouco sensible (é dicir, que non lle afectan moito) aos problemas que producen as faltas de sincronismo unha vez que se fixa a velocidade de transmisión.
- Transmisión síncrona: A transmisión é síncrona cando se efectúa sen atender a palabras ou unidades de comunicación básicas. Por contra, nesta técnica os bits se envian a unha cadencia constante un tras outro sen discriminar. Emisor e receptor se sincronizan a través dun sinal de reloxo que se envía paralelamente cos datos.
Nas transmisións asíncronas sóense utilizar caracteres especiais para evitar os problemas de perdas de sincronía nos bits de información transmitidos, que poden producirse se o sinal de reloxo se desfasa. Por exemplo, o carácter SYN do código ASCII (0010110) é moi utilizado xa que é irrepetible polo desprazamento dos seus bits, e desta forma o receptor é capaz de darse conta de que houbo un desprazamento.
O modo de transmisión síncrona permite velocidades de transmisión maiores que a asíncrona, xa que obtén un mellor rendemento da liña de datos. Entendemos por rendemento dunha transmisión a relación entre os bits de información transmitidos e os bits totais transmitidos.
Hai que ter en conta que na transmisión síncrona non son precisos os bits de start e stop que acompañan a cada carácter na transmisión síncrona. Por exemplo, se temos unha transmisión asíncrona cun bit de start e 2 de stop, obtemos un rendemento de:
Rendemento = 8/(8+1+2)*100 = 72,7%
Sen embargo, se supoñemos unha transmisión de 1kB de información enviado por unha liña síncrona na que se envían 3 caracteres de SYN cada 256 bytes, o rendemento será:
Rendemento = (1024*8)/((1024+12)*8)*100 = 98,8%
Transmisión banda base e banda ancha
Segundo a técnica en que se codifican os sinais pola canle, distinguimos dous tipos de comunicacións:
- Transmisión en banda base:
- O sinal que transporta a información envíase sen ningunha transformación polo medio de transmisión.
- Utilízase a capacidade completa da liña de comunicación para transmitir un único sinal de datos.
- Non é adecuada para comunicacións remotas (en WANs) xa que a sinal vaise degradar coa distancia.
- No seguinte gráfico vemos as técnicas de codificación de sinal en banda base máis utilizadas:
- Transmisión en banda ancha:
- O sinal que transporta a información (sinal portador) sofre unha serie de variacións (modulacións) sobre a amplitude, frecuencia ou fase. (Diremos que o sinal está modulado.
- Sobre un mesmo medio pódense enviar varias portadoras, así que podemos facer varias transmisións simultáneas sobre unha soa liña.
- O sinal portador está optimizado para percorrer longas distancias sobre a liña de comunicación, así que é moi adecuada nas WANs.
- Require o uso de dispositivos de modulación (modems), que fan aumentar o custo e a complexidade na transmisión.


