Comandos de rede en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Comandos para testear a conectividade de rede
Estes comandos son moi útiles para comprobar a conexión entre dous equipos e detectar posibles erros de conectividade na rede.
ping
- Descrición: Detecta se hai conexión con outro equipo enviando paquetes ICMP. Temos que ter en conta que para que funcione correctamente o equipo de destino deberá ter configurado o firewall para que acepte os paquetes ICMP.
- Sintaxe:
ping [-LRUbdfnqrvVaAB] [-c count] [-i interval] [-l preload] [-p pattern] [-s packetsize] [-t ttl] [-w deadline] [-F flowlabel] [-I interface] [-M hint] [-Q tos] [-S sndbuf] [-T timestamp option] [-W timeout] [hop ...] destination
- Opcións principais:
-c count: Envía só as peticións de ping indicadas en count. Por defecto, ping fai peticións de xeito ininterrumpida
-W timeout: Permite indicar o tempo en segundos que se espera pola resposta dunha petición de ping, antes de provocar un “Timeout”
traceroute
- Descrición: Mostra a ruta que segue un paquete para chegar ao seu destino. Por defecto, só pode ser executado polo usuario root.
- Sintaxe:
traceroute [-46dFITUnrAV] [-f first_ttl] [-g gate,...] [-i device] [-m max_ttl] [-p port] [-s src_addr] [-q nqueries] [-N squeries] [-t tos] [-l flow_label] [-w waittime] [-z sendwait] [-UL] [-P proto] [--sport=port] [-M method] [-O mod_options] host [packetlen]
tracepath
- Descrición: Comando similar a traceroute, coa diferenza de que ten menos opcións pero pode ser executado por calquera usuario.
- Sintaxe:
tracepath [-n] [-l pktlen] destination [port]
Comandos para a configuración da rede
Estes comandos nos permiten visualizar e modificar a configuración IP das interfaces de rede do equipo.
ifconfig
- Descrición: Mostra e modifica a configuración das interfaces de rede e a configuración IP do equipo
- Sintaxe:
ifconfig [-v] [-a] [-s] [interface] ifconfig [-v] interface [aftype] options | address ...
- Opcións principais:
-a: Mostra a información de todas as interfaces de rede do equipo, incluíndo as que non están activadas
interface: Indicando o nome dunha interfaz de rede do equipo, mostra ou modifica a configuración dese interfaz
up|down: Activa ou desactiva unha interfaz
address: Dirección IP para asignar a esta interfaz
netmask mascara: Máscara de rede para asignar a esta interfaz
route
- Descrición: Mostra e modifica as entradas da táboa de enrutamento do equipo
- Sintaxe:
route [-CFvnee] route [-v] [-A family] add [-net|-host] target [netmask Nm] [gw Gw] [metric N] [mss M] [window W] [irtt I] [reject] [mod] [dyn] [reinstate] [[dev] If] route [-v] [-A family] del [-net|-host] target [gw Gw] [netmask Nm] [metric N] [[dev] If] route [-V] [--version] [-h] [--help]
- Opcións principais:
del: Borra unha ruta add: Engade unha ruta target: Rede ou máquina destino á que queremos chegar -net|-host: Indica se o destino é unha rede ou unha máquina netmask máscara: Máscara de rede para a ruta gw seguinte: Dirección IP do router ao que se deben enviar os paquetes para o destino indicado
hostname
- Descrición: Mostra ou establece o nome da máquina
dhclient
- Descrición: Este comando permite configurar unha interfaz de rede de forma dinámica por DHCP
- Sintaxe:
dhclient [ -p port ] [ -d ] [ -e VAR=value ] [ -q ] [ -1 ] [ -r ] [ -x ] [ -lf lease-file ] [ -pf pid-file ] [ -cf config-file ] [ -sf script-file] [ -s server ] [ -g relay ] [ -n ] [ -nw ] [ -w ] [ if0 [ ...ifN ] ]
Comandos para testeo do DNS
nslookup
- Descrición: Permite realizar consultas e facer diagnósticos sobre os servidores de DNS
- Sintaxe:
nslookup [-option] [name | -] [server]
- Opcións principais:
name: Indicamos o nome de equipo que queremos buscar no servidor de DNS
server: Permite indicar a dirección IP do servidor de DNS que queremo utilizar. Se non poñemos nada, utilizarase o servidor de DNS establecido na configuración do equipo
Comandos para a xestión da caché ARP
arp
- Descrición: Mostra e permite manipular as entradas da caché ARP do equipo
- Sintaxe:
arp [-vn] [-H type] [-i if] [-a] [hostname] arp [-v] [-i if] -d hostname [pub] arp [-v] [-H type] [-i if] -s hostname hw_addr [temp] arp [-v] [-H type] [-i if] -s hostname hw_addr [netmask nm] pub arp [-v] [-H type] [-i if] -Ds hostname ifname [netmask nm] pub arp [-vnD] [-H type] [-i if] -f [filename]
- Opcións principais:
-i if: Mostra só as entradas ARP asociadas coa interfaz de rede indicada
-d: Borra a entrada da caché asociada coa IP indicada
-s: Engade na táboa ARP unha entrada estática que asocia a dirección IP indicada coa dirección MAC indicada
Comandos para a monitorización das conexións de rede
netstat
- Descrición: Permite ver as conexións abertas no equipo, a táboa de enrutamento, estatísticas de rede, conexións NAT e subscricións multicast do equipo
- Sintaxe:
netstat [address_family_options] [--tcp|-t] [--udp|-u] [--raw|-w] [--listening|-l] [--all|-a] [--numeric|-n] [--numeric-hosts]
[--numeric-ports] [--numeric-users] [--symbolic|-N] [--extend|-e[--extend|-e]] [--timers|-o] [--program|-p] [--verbose|-v] [--continuous|-c]
netstat {--route|-r} [address_family_options] [--extend|-e[--extend|-e]] [--verbose|-v] [--numeric|-n] [--numeric-hosts]
[--numeric-ports] [--numeric-users] [--continuous|-c]
netstat {--interfaces|-i} [--all|-a] [--extend|-e[--extend|-e]] [--verbose|-v] [--program|-p] [--numeric|-n] [--numeric-hosts]
[--numeric-ports] [--numeric-users] [--continuous|-c]
netstat {--groups|-g} [--numeric|-n] [--numeric-hosts] [--numeric-ports] [--numeric-users] [--continuous|-c]
netstat {--masquerade|-M} [--extend|-e] [--numeric|-n] [--numeric-hosts] [--numeric-ports] [--numeric-users] [--continuous|-c]
netstat {--statistics|-s} [--tcp|-t] [--udp|-u] [--raw|-w]
netstat {--version|-V}
netstat {--help|-h}
- Opcións principais:
-a: Mostra todas as conexións que ten o equipo
-s: Mostra estatísticas de rede do equipo
-g: Mostra os grupos multicast do equipo
-r: Mostra a táboa de enrutamento do equipo
