Como dar de alta un novo alumno ou profesor

De Wiki do Pazo da Mercé

Accedemos ao webmin e entramos na opción de Usuarios y grupos LDAP que se atopa dentro de Sistema:

Picamos na opción de Añadir un nuevo usuario LDAP, e introducimos os datos do usuario, tendo en conta as seguintes normas:

  • O nome do usuario será habitualmente o nome propio seguido das iniciais dos seus apelidos, aínda que se o usuario prefire outro tampouco hai maior problema. Si é importante non deixar espazos en branco, non usar o ñ nin caracteres acentuados.
  • O nome real seguirá a seguinte nomenclatura:
    • En primeiro lugar se escribirá o tipo de usuario, de tal forma que:
      • prof indica que o usuario é un profesor/a.
      • pas indica que o usuario é persoal administrativo e de servizos (conserxes e administrativo).
      • Se se trata dun alumno/a, indicarase o nome do curso ao que pertence, por exemplo esi1 ou bach2. Ollo, non faremos distinción entre grupos, é dicir, por exemplo todo o alumnado de 4º da ESO empezará por eso4 independentemente de que sexan alumnos de 4ºA, 4ºB, etc.
Crear un libro