Como reservar unha dirección IP para un equipo
De Wiki do Pazo da Mercé
Accedemos ao webmin no servidor e entramos no apartado de Servidor DHCP, que atopamos dentro da categoría de Servidores:
Nesta páxina, picaremos na subrede que se corresponde co equipo ao que lle imos reservar a dirección IP (Ver esquema da rede do centro):
Picamos no enlace de Añadir una nueva máquina:
Cubrimos os datos (podemos copiar a MAC da lista de arrendamientos activos) e picamos no botón de Crear. Na seguinte páxina picamos no enlace de Indice de módulo e picamos no botón de Aplicar cambios para activar a reserva no servidor DHCP.
