Como utilizar as máquinas virtuais nas clases

De Wiki do Pazo da Mercé

Programas dispoñibles para o uso de máquinas virtuais

Nas aulas de ciclos están instalados diversos programas para o manexo de máquinas virtuais. Pódese utilizar calquera deles:

Almacenamento das máquinas e os discos duros virtuais

  • En calquera caso, independentemente do programa utilizar, os ficheiros das máquinas virtuais e sobre todo os dos discos duros virtuais (debido ao seu tamaño) deben almacenarse na unidade local de DATOS (en Windows D:, en en Linux /media/DATOS).
  • Dentro da carpeta de software, hai unha carpeta Máquinas Virtuais na que o profesorado pode copiar discos duros e máquinas virtuais xa configuradas para que os alumnos as copien nas unidades locais dos seus equipos e as usen sen ter que instalalas.
  • Se se usa o programa VirtualBox, é conveniente configuralo antes de comezar a traballar con el para que almacene por omisión tanto os discos como as máquinas virtuais na unidade de DATOS. Poderemos facelo dende o menú de Archivos->Preferencias...:


Configuración de rede das máquinas virtuais

  • Se simplemente se quere ter acceso a Internet dende a máquina virtual sen traballar coa configuración de rede, o máis cómodo é configurar na máquina virtual a tarxeta de rede por NAT, e desta forma a máquina virtual poderá acceder a Internet automaticamente sempre a máquina real teña acceso a Internet.
  • Se se quere traballar coa tarxeta de rede real do equipo, as direccións IP que se deben utilizar son:
    • Dende a aula de 1º: 10.1.a.b (onde a é calquera número excepto o cero, para que non coincida coas IPs das máquinas reais; e b calquera número). Como porta de enlace se se quere saír a Internet coa máquina virtual poremos 10.0.0.2, e haberá que abrir na ferramenta de control de acceso a Internet para as máquinas virtuais da aula de 1º de ciclo. Como servidor de DNS haberá que poñer o 10.0.0.1.
    • Dende a aula de 2º: 10.2.a.b (onde a é calquera número excepto o cero e b calquera número). Como porta de enlace se se quere saír a Internet coa máquina virtual poremos 10.0.0.2, e haberá que abrir na ferramenta de control de acceso a Internet para as máquinas virtuais da aula de 2º de ciclo. Como servidor de DNS haberá que poñer o 10.0.0.1.
    • Dende o departamento de informática: É preferible utilizar tarxetas de rede por NAT ou de acceso local soamente, xa que se non hai que usar unha dirección IP dentro da rede 69.56.121.0. No caso de querer usar a tarxeta de rede real do equipo, o máis cómodo é coller a dirección IP por DHCP, e senón poñer unha dirección IP da rede 69.56.121.0 que estea libre.
Ferramentas persoais
Crear un libro