Como visualizar e controlar os equipos do alumnado

De Wiki do Pazo da Mercé

Visualizar e controlar os equipos con Windows

Pódese usar o programa UltraVNC para visualizar e poder tomar o control dos equipos dos alumnos de forma remota dende o equipo do profesor. No escritorio do equipo do profesor, coa icona UltraVNC Viewer podemos lanzar o programa para facelo.

A continuación vedes a pantalla de conexión que permite visualizar ou controlar o equipo dun alumno:

Os datos máis importantes que se poden establecer son:

  • VNC Server: Indicaremos o nome do equipo que queremos controlar. Os equipos das aulas se chaman tallerxx (na aula de 1º) e inforxx (na aula de 2º), onde xx é o número de equipo. Os equipos están numerados a partir do 00 que é o equipo do profesor, comezando pola primeira fila e no equipo que estea pegado á ventá (Por exemplo, o equipo do alumno que se senta na primeira fila pegado á venta será 01).
  • View only: Activaremos esta opción se só queremos visualizar o equipo do alumno, pero non tomar o control sobre o seu rato e teclado.
  • Auto Scaling: Activaremos esta opción se queremos que se escale a resolución da pantalla do alumno para que se adapte ao tamaño da ventá na que a visualizaremos.
  • Save connection settings as default: Se activamos esta opción, almacenaranse as opcións que teñamos seleccionadas como opcións por defecto para o programa.

Unha vez seleccionadas as opcións, conectarase co equipo picando no botón de Connect e se nos solicitará un nome de usuario e un contrasinal. Haberá que introducir os mesmos datos que usamos para iniciar sesión, e só permitirá a conexión se o usuario introducido é un profesor:

Crear un libro