Configuración da interface de rede en Windows
De Wiki do Pazo da Mercé
- En Windows, podemos xestionar os distintos interfaces (ou tarxetas) de rede do equipo dende a aplicación de Conexións de rede que atopamos no Panel de Control
- Dentro desta aplicación atoparemos todas as tarxetas de rede do equipo recoñecidas por Windows (se algunha non aparece deberemos instalar o controlador ou driver da mesma):
- Para configurar unha interfaz de rede teremos que cubrir unha serie de datos:
- Dirección IP: Formada por catro números de 0 a 255, serve para identificar ao equipo na rede
- Máscara de rede: Serve para interpretar o significado da dirección IP
- Porta de enlace predeterminada: Indicaremos a dirección IP do router que nos conecta cos equipos que están fora da nosa rede local (por exemplo, en Internet)
- Servidores de DNS: Permitirán que poidamos acceder aos equipos de Internet utilizando o seu nome (www.google.es, www.elpais.es, etc.) en lugar da súa dirección IP
- Para cubrir todos estes datos, picaremos co botón dereito do rato sobre a interfaz de rede e seleccionamos Propiedades:


