Configuración da rede sen fíos en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
En Ubuntu, podemos ver as redes sen fíos que están no alcance do noso equipo facendo clic sobre o icono de rede:
Aparecen as redes sen fíos dispoñibles e un candado indicando se teñen algún mecanismo de seguridade activado. Facendo clic sobre algunha das redes nos poderemos conectar a ela, tendo que introducir se é necesario o contrasinal correspondente:
Tamén podemos conectarnos a unha rede sen fíos aínda que non apareza na listaxe, picando na opción de Crear unha nova rede sen fíos...:
Para cada rede sen fíos á que nos conectemos, podemos configurar unha dirección IP, máscara de subrede, porta de enlace e servidores de DNS, facendo clic co botón dereito do rato sobre o icono de rede e picando na opción de Editar as conexións..., e entrando na pestana de Sen fíos:
