Configuración das interfaces de rede en Windows

De Wiki do Pazo da Mercé

En Windows, podemos xestionar os distintos interfaces (ou tarxetas) de rede do equipo dende o Panel de Control. Dentro desta aplicación atoparemos todas as tarxetas de rede do equipo recoñecidas polo sistema operativo (se algunha non aparece deberemos instalar o controlador ou driver da mesma):

Para configurar unha interfaz de rede teremos que cubrir unha serie de datos:

  • Dirección IP.
  • Máscara de rede.
  • Porta de enlace predeterminada: Indicaremos a dirección IP do router que nos conecta cos equipos que están fora da nosa rede local (por exemplo, en Internet).
  • Servidores de DNS: Deberemos introducir a dirección ou direccións IP dos servidores que permitirán que poidamos acceder aos equipos de Internet utilizando o seu nome (www.google.es, www.elpais.es, etc.) en lugar da súa dirección IP. O servidor de DNS secundario só se utilizará en caso de que o servidor primario non responda.
Configuración dunha interfaz de rede en Windows XP
Configuración dunha interfaz de rede en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server)

Unha vez configurada a interfaz de rede, poderemos comprobar a conexión do equipo utilizando un comando de testeo como ping.

Tamén é posible establecer varias direccións IP a unha mesma tarxeta de rede, e así o equipo será accesible dende a rede por calquera das direccións IP introducidas:

Configuración de varias direccións IP en Windows XP
Configuración de varias direccións IP en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server)
Ferramentas persoais
Crear un libro