Configurar as carpetas persoais centralizadas

De Wiki do Pazo da Mercé

Cando temos os usuarios centralizados no servidor e un usuario pode iniciar sesión en calquera equipo do dominio, será moi útil que o usuario poidera ter asignada unha carpeta persoal tamén centralizada para almacenar os seus documentos e poder acceder a ela dende calquera equipo do dominio.

Para facelo, compartiremos unha carpeta no servidor para almacenar estas carpetas dos usuarios. Configuraremos os permisos da carpeta compartida para que os usuarios poidan escribir, e nos permisos locais da carpeta quitar o permiso que permite a todos os usuarios ler todas as carpetas que hai dentro:

Compartir carpetas persoais de usuarios en Windows 2008 Server

Se queremos configurar que un usuario almacene a súa carpeta persoal no servidor, dende a aplicación de “Usuarios y equipos de Active Directory”, accedemos ás propiedades do usuario e na pestana “Perfil” podemos indicar que como carpeta particular do usuario se conecte unha unidade de rede á súa carpeta persoal no servidor:

Configurar carpeta persoal de usuario centralizada en Windows 2008 Server
Ferramentas persoais
Crear un libro