Configurar as carpetas persoais centralizadas e os perfís móbiles

De Wiki do Pazo da Mercé

Unha vez configurar o dominio de NIS, poderemos iniciar sesión dende os equipos cliente cos usuarios definidos no servidor. Sen embargo, non será posible iniciar unha sesión gráfica nun equipo cliente con un usuario do dominio.

A causa deste problema é que a carpeta persoal do usuario realmente existe no servidor, pero non se atopa no cliente; e o xestor de fiestras (xa sexa gnome ou kde) cando arranca precisa acceder á configuración persoal do usuario, tanto para ler como para escribir sobre ela, e ao non atopala, non permite iniciar a sesión.

Para solucionar este problema, será necesario montar no equipo cliente a carpeta persoal do usuario que se atopa no sevidor, e na localización onde se supón que o usuario ten a súa carpeta persoal, por exemplo /home/usuario. Desta forma cando o usuario incie sesión nun equipo cliente, o xestor de fiestras accederá de forma normal á carpeta persoal do usuario, con independencia de que esta se atope no mesmo equipo cliente ou no servidor.

Esquema de acceso a unha carpeta compartida por NFS

Unha primeira solución simple é montar por NFS o directorio /home do servidor no directorio /home do equipo cliente.

Un inconveniente desta opción é que os usuarios locais do equipo cliente que non existen no servidor non poderán acceder ás súas carpetas persoais, xa que estas están almacenadas na carpeta /home, e ao montar a carpeta /home do servidor nesta carpeta o que aí había deixa de ser accesible. Podemos solventar este problema establecendo os cartafois persoais dos usuarios do dominio noutro directorio distinto de /home, por exemplo /homes. Desta maneira o poderemos montar sobre o directorio /homes no equipo cliente e non creará conflictos co directorio /home local.

Crear un libro