Configurar un grupo de traballo en Windows
De Wiki do Pazo da Mercé
Para que un equipo Windows se poida comunicar co resto dos equipos da súa rede local, deberemos configurar correctamente, ademáis dos datos da interfaz de rede, o nome do equipo e o grupo de traballo ao que pertence:
- O nome do equipo debe ser diferente para equipo da rede, xa que senón se producirá un erro que impedirá que os equipos se poidan comunicar entre si utilizando o seu nome (Facendo uso do protocolo NetBIOS).
- O grupo de traballo é unha agrupación lóxica dunha serie de equipos que van a compartir recursos entre si, como carpetas e impresoras. Para crear o grupo de traballo simplemente poñemos o nome que queiramos darlle ao grupo como grupo de traballo dos equipos que queiramos incluír nese grupo.
|
Configuración do nome de equipo e grupo de traballo en Windows XP |
Configuración do nome de equipo e grupo de traballo en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server) |
Unha vez temos configurado o grupo de traballo, poderemos acceder de forma sinxela ao resto dos equipos do mesmo.
|
Acceso aos equipos do grupo de traballo en Windows XP |
Acceso aos equipos do grupo de traballo en Windows Vista (igual en Windows 2008 Server) |
